A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) é unha ONG galega fundada en 1992, adicada ao estudo e divulgación dos mamíferos e tartarugas mariñas de Galicia, a través da investigación, promovendo e participando en proxectos con institucións estatais e internacionais, e potenciando aspectos divulgativos mediante exposicións, conferencias e cursos.
 
Dende 1999 CEMMA é, grazas a convenios coa Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, a institución responsable da asistencia aos varamentos na costa galega, da xestión do banco de mostras destas especies, da recuperación de animais feridos e do estudo poboacional. Tamén participa na redacción dos plans de conservación das especies máis ameazadas para a administración autonómica e estatal.
 
 
 
 

EMBÁRCATE

De maio a setembro, acompáñanos nas nosas saídas de estudo de cetáceos

 

RECUPERACIÓN

Cada ano aparecen varados na costa galega cetáceos, lobos mariños e tartarugas que necesitan da nosa axuda

 

PROXECTOS

A investigación como primeiro paso para coñecer as especies e as súas problemáticas e poder dalas a coñecer

 
 
 

AVISA

Tanto para notificar avistamentos de animais vivos como localización de animais varados en Galicia, podes chamar ao 686989008 ou 112

 

DIVULGACIÓN

Porque é necesario coñecer a nosa natureza. Cursos, charlas e exposicións adaptados a tódolos niveis educativos

 

DONACIÓN

CEMMA é unha entidade declarada de Utilidade Pública e está incluída nas entidades beneficiarias de mecenazgo

 
 
 

 

 

ADO - Atlas Dixital Osteolóxico interactivo

 

 

 

AVISO LEGAL (datos identificativos, propiedade intelectual, cookies, ...)

COMPLETE WEB by CEMMA is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Sin obras derivadas 3.0 España License