![]() |
![]() |
|
CAMPAÑA DE EMBARQUES PARTICIPATIVOS PARA A MONITORIZACIÓN DE CETÁCEOS | |
Obxectivos das campañas O obxectivo principal é incorporar información sobre a presenza e distribución dos cetáceos da plataforma de Galicia mediante a monitorización marítima con criterios científicos. O obxectivo secundario é aportar aos participantes formación técnica, concienciación e educación ambiental mariña, en xeral, e sobre os mamíferos mariños en particular. |
|
Participación e criterios Calquera persoa, sen dificultades motoras, pode participar independentemente dos seus coñecementos. Os menores de idade de 18 anos deberán consultar a posibilidade de participación. Por seguridade, non poderán ser admitidos na actividade menores de 8 anos. |
|
|
|
Organización A loxística das campañas marítimas iniciase coa bolsa de persoas interesadas, coma ti. As datas dos barcos están AQUI, podes consultar datas, dispoñibilidade e realizar a reserva. Posteriormente teremos que confirmar que haxa bo tempo no mar para poder saír.
|
|
![]() |
|
SELECCIÓN DO EMBARQUE E RESERVA Primeiro: selecciona o día do embarque, porto e barco que che pode interesar, comproba que haxa prazas libres. Segundo: realiza o ingreso da reserva da praza ou prazas. O número de conta da CEMMA para realizar o ingreso da reserva é: IBAN ES25 2100 4790 4702 0002 9083. Terceiro: comunícanolo no correo: cemmasolicitud@gmail.com. Confírmanos, por favor, o ingreso remitindo copia do xustificante, inclúe o nome completo do/s participante/s, o seu DNI e un número de teléfono de contacto. Unha vez efectuada a reserva quedará pechada esa praza ao teu nome e haberá que agardar á confirmación do embarque uns días antes. |
|
Anulacións Se antes da realización do embarque solicitas a anulación da praza reservada con máis de catro días de antelación, buscaremos alternativa, outra data para a reserva se o desexas, subsitución, ou no seu defecto, reintegrarase o importe. Se a anulación é con menos de catro días de antelación, ou non se atopa substituto, non será posible a devolución pois significaría a anulación de todo o embarque. Se o embarque ten que anularse por mal tempo ou por falla de participantes, buscarase a alternantiva de percurar outra reserva, no seu defecto, reintegraranse os importes. |
|
![]() |
|
METODOLOXÍA A BORDO No momento de embarcar faremos unha presentación de seguridade a bordo. A partir de aí estableceremos quendas de observación continuas, seguindo a metodoloxía de monitorización de cetáceos na que poderedes participar, na medida das posibilidades de cada un: recollida de información ambiental, quendas de observación, avistamentos, recollida de datos de avistamentos de cetáceos e de lixo. |
|
|
|
Que levar Levade gorro, crema solar, roupa fresca e roupa de abrigo (no mar as condicións poden cambiar rápido). Traede tamén comida, auga, froita e froitos secos. Se precisades ou pensades que necesitades pastillas antimareo, tomádea media hora antes de embarcar. Nos barcos hai baños a bordo para as 8 h de viaxe (salvo na zodiac, 3h). |
|
![]() |
|
EMBARQUES PARTICIPATIVOS Temos que saber que no 90% dos embarques observaremos cetáceos e no 100% aves mariñas, mais non hai garantía algunha de observación no momento da saída. Imos facer un traballo de monitorización e tamén pasar un bo día no mar. No relativo ás aves veremos sobre todo gaivotas, corvos mariños, mascatos e pardelas, mais tamén podemos observar paíños e gaivotas menos frecuentes como as Sabine. Rexistraremos os avistamentos de cetáceos e tamén de resíduos que atopemos. Sorprenderanos ao chegar ao porto que teñamos contabilizado máis avistamentos de lixo que de cetáceos. Para a realización destes estudos, CEMMA conta coas autorizacións correspondentes, tanto da Xunta de Galicia como do Ministerio para a Transición Ecolóxica. Sobre todo temos que darvos a coñecer, e respectar, a lexislación vixente. |
|
OS BARCOS Aquí podedes ver as embarcacións que utilizaremos en cada zona. Seredes acompañados por unha persoa coordinadora de CEMMA que dirixirá a actividade a bordo. O horario é orientativo e será confirmado a cada embarque. Lembra que as datas dos barcos están AQUI. |
|
![]() |
|
Os embarques dende Cambados serán no CHASULA de Intramar, que conta con prazas para 11 participantes. Embarque entre as 9:00 e 10:00 h do porto de Tragove e terá 8 h de duración con saída polas inmediacións de Sálvora á plataforma, se as condicións ambientais o permiten, fronte á Ría de Arousa. | |
![]() |
|
Os embarques dende Fisterra serán na neumática A MUNIS, que conta con prazas para 8 participantes. Encontro e charla introductoria ás 10:00 h no local de Buceo Finisterre. Embarque entre as 10:00-11:00 h do porto de Fisterra e terá 3 h de duración con saída pola Ría de Corcubión e inmediacións de Cabo Fisterra. |
|
![]() |
|
Os embarques dende Muros serán no barco CAMASI, que conta con prazas para 11 participantes. Embarque entre as 11:00 e 12:00 h do porto de Muros e terá 8 h de duración con saída polas inmediacións de Monte Louro á plataforma, se as condicións ambientais o permiten, fronte á Ría de Muros. |
|
![]() |
|
Información sobre o CALENDARIO e PORTOS. ACCESO | |
![]() |
COMPLETE WEB by CEMMA is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Sin obras derivadas 3.0 España License