DOAZÓN: colaborando coa CEMMA

A investigación das especies mariñas e o mantemento de medios: vehículos, barco, UCI e local, conleva grandes gastos. Se queres colaborar coas actividades de CEMMA podes optar pola doazón, grazas ás cales estarás colaborando na conservación de especies ameazadas como a toniña, e na divulgación do noso patrimonio natural.

CEMMA é unha entidade declarada de Utilidade Pública, con data de 18 de outubro de 2010 (DOG 212, 4 de novembro 2010), en cumprimento do Real Decreto 1740/2003 relativo as asociacións de utilidade pública, e como tal inscrita no Rexistro Xeral de Asociacións. Polo tanto é beneficiaria da actividade de mecenazgo, deste xeito as doazóns poden beneficiarse das ventaxas fiscais correspondentes, segundo a lexislación vixente (Lei 49/2002).

 

- Doazón voluntaria para o mantemento da actividade da CEMMA. Aporta a cantidade que consideres e servirá como apoio para o mantemento das actividades da CEMMA. Recibirás unha comunicación por correo electrónico da CEMMA abríndoche os camiños dixitais da entidade.

- Doazón voluntaria para o mantemento da APP: GT ORCAS. Aporta a cantidade que consideres e servirá como apoio para o mantemento da estrutura da aplicación móbil e da páxina web GT ORCAS (+info), xestionada pola CEMMA. Recibirás unha comunicación por correo electrónico do grupo de traballo GTOA en agradecemento abríndoche os camiños dixitais da entidade.

 

- Doazón de 50 € para o mantemento das actividades divulgativas CEMMA. Anualmente realízanse conferencias e actos divulgativos para dar a coñecer os cetáceos, ou as candorcas, e a súas ameazas. Recibirás un correo postal da CEMMA en agradecemento enviando materiais editados didácticos: libro candorca Os bolechas e Carmela Orzán.

- Doazón 100 € para o mantemento do catálogo de fotoidentificación das candorcas. Anualmente GTOA recompila fotografías das candorcas inéricas, Orcinus orca, tanto oportunistas dos navegantes como sistemáticas das campañas no mar, con elas identifícase aos exemplares e lévase un seguimento de cada un deles individualmente. Recibirás unha comunicación por correo electrónico da CEMMA cun certificado de adopción dun dos exemplares. Tamén podes amadriñar un arroaz (+info).

- Doazón 150 € para o mantemento dos embarques participativos no mar: Fila 0. Anualmente realízanse campañas de embarques participativos na costa de Galicia para o seguimento dos cetáceos. Esta aportación permite que outras persoas poidan ir a bordo no teu sitio (becas para estudantado). Recibirás un correo postal da CEMMA en agradecemento enviando materiais editados didácticos: libro candorca Os bolechas e Carmela Orzán, así como o póster xigante dos cetáceos ou das candorcas, tamén unha comunicación por correo electrónico co resultado, e fotos, desa campaña.

Outros xeitos de colaborar:

Participación en actividades marítimas

- Enrólate nos embarques participativos. Anualmente realízanse embarques participativos na costa de Galicia para o seguimento dos cetáceos, se podes participar garantes que estes se poidan realizar. Consulta a web.

Participación en actividades divulgativas

- Programando ou asistindo á obra de teatro TROMPSO, de MORRAOCONTO, e recabando información sobre as candorcas estás contribuíndo a axudalas, pois a maior ameaza é a desinformación. Saber sobre elas e sensibilizarse sobre as súas ameazas é o principio do apoio á súa conservación. Podes aumentar a túa información na web e na APP: GT ORCAS.

- Programando ou asistindo á obra de teatro CONFI, de XANELA DO MAXÍN, e recabando información sobre os arroaces solitarios estás contribuíndo a axudalos, pois a maior ameaza é a desinformación. Saber sobre eles e sensibilizarse sobre as súas ameazas é o principio do apoio á súa conservación. Podes aumentar a túa información na web (+info).

- Webinarios: participa nas actividades on line que a CEMMA pon periodicamente en marcha contando coa colaboración de especialistas temáticos, consulta as RRSS.

- Cursos e simulacros: participa nas actividades formativo-divulgativas como son os cursos e os simulacros de rescate nas praias que a CEMMA realiza ao longo do ano.
- Promovendo debates, conferencias, exposicións e actos onde se fale dos cetáceos é incidir neste obxectivo. CEMMA ten preparados materiais sobre o tema, consulta (cemmaorganizacion@gmail.com) a posibilidade de realizar actos na túa contorna.
- Séguenos nas RRSS

Ademais podes:

 

- Asociarte: acceso páxina asociados. Asociarse supón adquirir un compromiso coa entidade, participar na súa estrutura organizativa, aportar unha cantidade fixa economicamente e comprometerse coas actividades na medida que cada un poida. Cantos máis asociados teñamos máis independentes seremos.

- Voluntariado: acceso páxina voluntariado. Hai posibilidades de participación no voluntariado da entidade, sendo ou non asociado.

- Amadriña: Se buscas unha forma alternativa de colaborar, tamén podes apadriñar/amadriñar un arroaz (+info).
- Tenda CEMMA: podes mercar na tenda on line (+info).
 
Calquera dúbida: cemmaorganizacion@gmail.com
Nº conta corrente CEMMA: ES82 0049 4368 9220 1004 7159

 

COMPLETE WEB by CEMMA is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Sin obras derivadas 3.0 España License