APADRIÑA - AMADRIÑA

As campañas de apadriñamento simbólico de animais serven, a grandes rasgos, para concienciar sobre a súa situación e a do medio no que viven. Das especies de cetáceos que habitan ou visitan a nosa costa, os arroaces son os que mellor coñecemos e aos que máis fácil é facer un seguemento ao longo do ano, e por iso son a especie que eleximos no seu día para esta iniciativa.

O apadriñamento axudará aos labores de seguemento ordinario das mandas de arroaces que CEMMA leva a cabo ao longo da costa galega. A investigación das especies mariñas e o mantemento de vehículos, barco e local conleva grandes gastos. Se queres colaborar coas actividades de CEMMA sen necesidade de asociarte, esta é unha forma de facelo, grazas á cal estarás axudando na conservación de especies ameazadas como o arroaz e a toniña, e na divulgación do noso patrimonio natural.

Abaixo podes ver algúns dos 350 arroaces que temos agora mesmo catalogados en Galicia, son algúns dos que son máis facilmente identificables polas marcas que teñen na súa aleta dorsal.

- O apadriñamento son 35€ anuais.

- A maiores do apadriñamento, tamén existe a posibilidade de porlle o nome que elixas, que será o que utilizaremos no noso catálogo e informes, por 120€ (pago único).

Recibirás un certificado cunha foto do arroaz elexido, información de cada vez que sexa avistado, un póster sobre a especie (anatomía, osteoloxía, reproducción, dieta, ...) e unha guía das especies de cetáceos de Galicia.

CEMMA é unha entidade declarada de Utilidade Pública, e polo tanto beneficiaria da actividade de mecenazgo, polo que coa túa doazón poderás beneficiarte das ventaxas fiscais correspondentes.

Para calquer consulta podes escribir a cemmaorganizacion@gmail.com.

 
 

TX136 - "FIVE"

Coñecido dende 2006 - AMADRIÑADO POLA PROMOCIÓN 2021 DE BIOLOXÍA DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

 

TX119

Coñecido dende 2008

 
 
 

TX16

Coñecido dende 2008 - AMADRIÑADO

 

TX305 - "MARTÍN"

Coñecido dende 2006 - APADRIÑADO

 
 

QU

Coñecido dende 2004 - APADRIÑADO

 

TX134 - "FOUCE"

Coñecido dende 2007. Nomeado por votación popular no proxecto "Turgasur"

 
 

TX184 - "BATMAN"

Coñecido dende 2009 - APADRIÑADO

 

TX26 - "BLUE"

Coñecida dende 2008, na foto co seu último cachorro - APADRIÑADA

 
 
 

TX218 - "RODOLFO"

Coñecido dende 2006 - APADRIÑADO

 

TX150 - "MOAÑA"

Coñecido dende 2009 - APADRINADO POLO CONCELLO DE MOAÑA

 
 

TX47

Coñecido dende 2008 - APADRIÑADO

 

AL

Coñecida dende 2004, na foto co seu último cachorro - AMADRIÑADO

 
 

TX223

Coñecido dende 2011

 

AX - "BAMA"

Coñecido dende 2005 - AMADRIÑADO POLA PROMOCIÓN 2021 DE BIOLOXÍA DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

 
 

"TETIS"

Coñecida dende 2014 - APADRIÑADA

 

B1-II

Coñecido dende 2003 - APADRIÑADO

 

COMPLETE WEB by CEMMA is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Sin obras derivadas 3.0 España License