AS CAMPAÑAS PARTICIPATIVAS |
Temos que saber que no 90% dos embarques observaremos cetáceos e no 100% aves mariñas, mais non hai garantía algunha de observación no momento da saída. Imos facer un traballo de monitorización, no que vos podedes integrar sen problema, tamén pasar un bo día no mar e tamén pasalo ben. No caso de observar cetáceos, podemos ver arroaces (Tursiops truncatus) e golfiño común (Delphinus delphis) en maior frecuencia. Tamén toniñas (Phocoena phocoena), caldeiróns (Globicephala melas) e baleas. No relativo ás aves veremos sobre todo gaivotas, corvos mariños, mascatos e pardelas. Rexistraremos os avistamentos de cetáceos e tamén de residuos que atopemos. Sorprenderanos ao chegar ao porto que teñamos contabilizado máis avistamento de lixo que de cetáceos. |
Para a realización destes estudos, CEMMA conta coas autorizacións legais correspondentes, tanto da Xunta de Galicia como do Ministerio para a Transición Ecolóxica. Sobre todo temos que darvos a coñecer, e respectar, a lexislación vixente. |
PÁXINA PRINCIPAL das campañas participativas. ACCESO |
Información sobre o CALENDARIO e PORTOS. ACCESO |
Información sobre as RESERVAS, anulacións, metodoloxía e qué levar. ACCESO |
Información sobre os BARCOS. ACCESO |
COMPLETE WEB by CEMMA is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Sin obras derivadas 3.0 España License