SELECCIÓN DO EMBARQUE E RESERVA

Se xa seleccionaches o día do embarque que che pode interesar, comprobando que houbera prazas libres, comunícanolo no correo: cemmasolicitud@gmail.com

O número de conta da CEMMA para realizar o ingreso da reserva da praza ou prazas é o IBAN  ES25  2100  4790  4702  0002  9083.

Como concepto podedes poñer EP_nome_data. Confirmádenos, por favor, o ingreso polo correo electrónico, incluindo un número de teléfono de contacto e o númedo do DNI.

Unha vez efectuada a reserva quedará pechada esa praza ao teu nome e haberá que agardar á confirmación do embarque uns días antes.

ANULACIÓNS

Se antes da realización do embarque solicitas a anulación da praza reservada con máis de catro días de antelación, trataremos de buscar alternativa, nese caso buscarase outra data para a reserva se o desexas, subsitución, ou no seu defecto, reintegrarase a doazón. Se a anulación é con menos de catro días de antelación, ou non se atopa substituto, non será posible a devolucióm pois significaría a anulación de todo o embarque.

Se o embarque ten que anularse por mal tempo ou por falla de participantes, buscarase a alternantiva de percurar outra reserva, no seu defecto, reintegrarase a doazón.

METODOLOXÍA A BORDO

No momento de embarcar faremos unha breve presentación, unha introdución sobre o embarque e de seguridade a bordo. No caso das lanchas neumáticas, farase unha introdución antes do embarque. A partir de aí estableceremos quendas de observación continuas, seguindo a metodoloxía de monitorización de cetáceos na que poderedes participar, na medida das posibilidades de cada un: recollida de información ambiental, quendas de onservación, avistamentos, recollida de datos de avistamentos de cetáceos e de lixo.

QUÉ LEVAR

Levade gorro, crema solar, roupa fresca e roupa de abrigo (no mar as condicións poden cambiar rápido). Traede tamén comida, auga, froita e froitos secos. Se precisades ou pensades que necesitades pastillas antimareo, tomádea media hora antes de embarcar. Nos barcos hai baños a bordo (salvo nas zodiacs).

 

Información sobre o CALENDARIO e PORTOS. ACCESO
PÁXINA PRINCIPAL das campañas participativas . ACCESO
MÁIS INFORMACIÓN sobre as campañas. ACCESO
Información sobre os BARCOS. ACCESO
 

 

COMPLETE WEB by CEMMA is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Sin obras derivadas 3.0 España License