VOLUNVAR: plan de voluntariado de apoio á Rede de Varamentos |
||
CEMMA pon en marcha o proxecto VOLUNVAR dentro da convocatoria de axudas para proxectos non productivos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo dos grupos de acción local do sector pesqueiro, para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (Orde do 21 de decembro de 2018). Neste caso, polo ámbito de actuación, foi apoiado polo GALP7 Ría de Vigo - A Guarda, que asume un 95% do coste total. |
||
O obxectivo principal do proxecto é actualizar e poñer en marcha o Plan de Voluntariado de apoio á Rede de Varamentos a través de equipos humanos e formación. Tratando así de paliar as carencias atopadas en todos estes anos na rede de varamentos, de reactivar a coordinación e a dinámica da acción voluntaria na entidade. | ||
Para conseguilo revisarase a base de datos de voluntariado xa existente e crearase un novo Plan de Voluntariado de acordo coa normativa vixente. Ademáis, realizaranse xornadas de formación ao voluntariado e se editarán e distribuirán materiais formativos e divulgativos. |
||
Web dos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro: https://galp.xunta.gal/ | ||
COMPLETE WEB by CEMMA is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Sin obras derivadas 3.0 España License