REDE DE VARAMENTOS

Coñécese como varamento ao feito de que un animal mariño quede en seco na costa sen posibilidades de voltar ao mar polos seus propios medios. É un feito accidental que afecta a cetáceos, pinnípedos e tartarugas mariñas, e que ten moita relevancia en Galicia. Dende 1990 atendéronse máis de 6.300 animais.

Dende 1999 CEMMA é, grazas a convenios coa Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, a institución responsable da asistencia aos varamentos e da xestión do banco de mostras destas especies para os estudos que se realizan posteriormente de xenética, dieta, idade, contaminantes, ...

En Galicia un 35% dos cetáceos que aparecen varados presentan indicios de ter morto capturados accidentalmente en artes de pesca. Esta cifra pode subir en algunas especies concretas ata o 50%, como é o caso da tartaruga de coiro.

No caso de atopar un animal varado na costa, ben sexa vivo ou morto, deberemos notificalo o antes posible, chamando ao 686989008 ou ben a través do número de EMERXENCIAS - 112 (chamada gratuita).

Para a realización destes estudos CEMMA conta con todas as autorizacións legais correspondentes.

 
 

 

COMPLETE WEB by CEMMA is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Sin obras derivadas 3.0 España License