CEMMA pon en marcha o proxecto TurGaSur co apoio do Ministerio para a Transición Ecológica -a través da Fundación Biodiversidad-, que ten como obxectivo contribuir á conservación dos arroaces (Tursiops truncatus) mediante as áreas mariñas da Rede Natura 2000 e a participación social
 

O proxecto TurGaSur será executado entre decembro de 2018 e outubro de 2019. O seu obxectivo principal é contribuir á conservación dos arroaces a través das áreas mariñas Rede Natura 2000 e a participación social dos usuarios do mar.

Como obxectivos secundarios, se estableceron os seguintes:

•  Mellorar o coñecemento sobre a estructura social e o uso do hábitat da unidade de xestión Tursiops truncatus -Galicia Sur.

•  Avaliar e promover as áreas mariñas Rede Natura 2000 como elementos de importancia para a conservación da unidade de xestión Tursiops truncatus -Galicia Sur.

•  Potenciar a participación social como ferramenta fundamental para a conservación das áreas protexidas e as especies ameazadas, mediante a divulgación e a participación social nas mostraxes científicas.

Dentro do proxecto TurGaSur levaranse a cabo diversas acción, entre as que cabe destacar as seguintes:

- Realización de mostraxes científicas de fotoidentificación de arroaces en áreas Rede Natura 2000 da Ría de Vigo e augas próximas, incluíndo o Parque Nacional Martítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

- Recopilación, catalogación e revisión do arquivo fotográfico dos arroaces fotoidentificados.

- Recopilación e catalogación dos avistamentos de arroaces.

- Elaboración e distribución do catálogo de fotoidentificación dos arroaces, e manual de boas prácticas para a náutica de recreo.

- Determinación da estructura social, uso do hábitat e grado de residencia dos arroaces.

- Avaliación das áreas Rede Natura 2000 como elementos para a conservación dos arroaces.

- Participación social: voluntariado ambiental e comunicación dos avistamentos.

O 62,8% do importe do proxecto da Convocatoria 2018 de concesión de axudas da Fundación Biodiversidad, para a realización de actividades de ámbito terrestre, biodiversidade mariña e litoral, e fomento da información ambiental. O importe restante (37,2%) é aportado directamente por CEMMA.

 

COMPLETE WEB by CEMMA is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Sin obras derivadas 3.0 España License