REVARGAL ponse en marcha como continuación e reforzo do traballo realizado pola Rede de Varamientos de Galicia desde 1990, e dentro dun programa de axudas promovido polo Ministerio para la Transición Ecológica a través da Fundación Biodiversidad, financiado poa Unión Europea – NextGenerationEU a través do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR).

 
 
 

O número medio de varamentos rexistrados en Galicia é de 270 individuos/ano, considerando cetáceos, focas e tartarugas mariñas, cunha tendencia ao aumento continuo no número xeneral de varamentos, aínda que variando en función dos grupos faunísticos. A información que aportan estes casos é fundamental no relativo ao estudo da saúde das poboacións e causas de mortandade, pero tamén como aportación de mostras para estudos ecobiolóxicos, información que non é posible de obter doutro modo e sen métodos invasivos.

 
 
 

Un 10% dos exemplares rexístranse varados con vida e son susceptibles de ser reflotados ou rehabilitados e devoltos ao medio en bo estado, de este modo conseguiuse reintroducir o 70% das tartarugas e focas varadas vivas.

Unha das claves doéxito daa RVG é a proxección social a través de labores divulgativas e a formación de voluntariado que permite un retorno de alertas e a creación e mantemento dun equipo técnico especializado para cubrir los 1.500km de costa galega.

 
 

Os obxectivos do proxecto son:

- Realizar seguimento e ofrecer resposta aos casos de varamentos e capturas accidentais.

- Averiguar a posible causa de morte e a incidencia de impactos antrópicos.

- Asistir aos exemplares vivos mediante reintrodución directa ou traslado para rehabilitación.

- Facer seguimento do uso litoral e costeiro dos individuos susceptibles de varar ou varados reintroducidos.

- Potenciar a participación social como ferramenta fundamental para a conservación. Formación de voluntariado e sensibilización social.

 
 
 
- Boletín Revargal 2. Diciembre 2023 (galego) (español)
- Boletín Revargal 1. Decembro 2022 (galego) (español)
- Video Revargal. Plásticos atopados no cifio de A Coruña https://www.youtube.com/watch?v=CO0gDdNbG-A
- Video Revargal. Estudo de estómago de Ziphius cavirostris con plásticos https://www.youtube.com/watch?v=C6zHig2-xmg
- Video Revargal. Himno da toniña. https://www.youtube.com/watch?v=hzh7MxdG8LQ
- Video Revargal. Resumo 2022. https://www.youtube.com/watch?v=yWxVtaJ7kvY
- Video Revargal. Biometrías. https://www.facebook.com/cemmacetaceos/videos/728355641720851
 
A Rede de Varamentos de Galicia conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica, mediante o proxecto Revargal que é financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), e co apoio da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
 

 

COMPLETE WEB by CEMMA is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Sin obras derivadas 3.0 España License