CETACEOS E TARTARUGAS NAS ILLAS: Especies mariñas protexidas no ámbito do Parque Nacional das Illas Atlánticas |
|
O proxecto ponse en marcha coa fin de poñer en valor ás áreas protexidas do litoral e das Rías, especialmente na contorna do Parque Nacional das Illas Altánticas, dando a coñecer as especies mariñas protexidas, algunhas delas ameazadas que viven ou pasan polas súas augas. A principal actividade deste proxecto foi o deseño e edición dunha exposición itinerante, provista de 10 paneis autoportantes, na que se explican as principais especies que poden ser observadas dende a superficie do Parque e os seus arredores, ademáis das problemáticas coas que conviven. |
|
Dita exposición estivo durante un mínimo de unha semana en cada un dos concellos que teñen parte da súa superficie no Parque Nacional (Bueu, Vilagarcía, Vigo e Ribeira), acompañadas dunha conferencia en cada un dos sitios durante o desenvolvemento da mesma. |
|
Para concluir, fixéronse 3 xornadas de formación en praias de primera atención a varamentos, e 1 xornada en embarcación. |
|
Finalmente, editouse unha guía de especies en formato físico, que tamén se pode descargar AQUÍ | |
Este proxecto é beneficiario das axudas na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, e conta coa axuda da Xunta de Galicia e da Comisión Europea a través dos fondos NextGenerationEU a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. |
|
COMPLETE WEB by CEMMA is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Sin obras derivadas 3.0 España License