ARQUI-VAR: Mellora do arquivo de imaxe e dotación de medios da Rede de Varamentos

 

CEMMA pon en marcha o proxecto ARQUI-VAR dentro da convocatoria de axudas para proxectos non productivos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo dos grupos de acción local do sector pesqueiro, para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (Orde do 28 de decembro de 2023). Neste caso, polo ámbito de actuación, foi apoiado polo GALP7 Ría de Vigo - A Guarda, que aporta axuda do 90% do coste total.

 
 
 
O obxectivo principal do proxecto é aportar ferramentas e medios para ordear e garantir a preservación do arquivo gráfico e o de mellorar o funcionamento da Rede de Varamentos a través de medios dixitais, físicos e información.
 
 
 

Para conseguilo adquirironse materiais fotográficos, discos duros, ordeouse todo o banco fotográfico histórico da CEMMA e realizáronse diferentes xornadas de formación: cursos, actividades na praia e seguementos no mar, todas elas orientadas á formación do voluntariado e ao aumento da concienciación ambiental pública.

 
 
Cartel do proxecto ARQUI-VAR (AQUI). Cartel das xornadas de Nigrán (AQUI). Formulario de inscrición (AQUI)
 
Web dos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro: https://galp.xunta.gal/. Web dos proxectos: https://galp.xunta.gal/proxectos-aprobados

 

COMPLETE WEB by CEMMA is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Sin obras derivadas 3.0 España License