DOTAVAR: protocolo, coordinación e medios da Rede de Varamentos

 

CEMMA pon en marcha o proxecto DOTAVAR dentro da convocatoria de axudas para proxectos non productivos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo dos grupos de acción local do sector pesqueiro, para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (Orde do 21 de decembro de 2018). Neste caso, polo ámbito de actuación, foi apoiado polo GALP7 Ría de Vigo - A Guarda, que asume un 95% do coste total.

 
O proxecto ten como obxectivo principal aportar ferramentas para o mellor funcionamento da Rede de Varamentos a través de medios físicos e de información. Esto aborda diferentes aspectos cualificados de debilidades tratando de cubrir as necesidades máis imperiosas no que respecta á dotación de medios.
 
 
 

Para conseguilo inclúe a difusión a administracións locais e confrarías do protocolo de actuación ante animais varados e animais capturados, a elaboración e difusión de materiais divulgativos de identificación de especies, a adquisición de padiolas e carriños especiais para o manexo de cetáceos varados e a produción dun video introductorio para a recollida de datos e mostras de carácter biolóxico.

Video formativo "Necropsia de cetáceo. Paso a paso e información a recoller": https://www.youtube.com/watch?v=nx5nf-BpJdw

Ademais para as instalacións centrais da Rede de Varamentos, está contemplada a adquisición dun ordenador e dun conxelador para conservación de mostras biolóxicas.

 
 
Web dos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro: https://galp.xunta.gal/

 

COMPLETE WEB by CEMMA is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Sin obras derivadas 3.0 España License