FORMACIÓN E DIVULGACIÓN SOBRE ASISTENCIA E ESTUDO DE MAMÍFEROS MARIÑOS 2024 A CORUÑA |
||
CEMMA pon en marcha o proxecto de “Formación e divulgación sobre asistencia e estudo dos mamíferos mariños” en colaboración coa Deputación da Coruña, presentando dous proxectos a cadansúa convocatoria: investimentos e actividades.
|
||
No capítulo de INVESTIMENTOS a través da convocatoria de axudas correspondentes ao programa DP0036: Programa de Axudas a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de investimentos no ámbito do medio ambiente durante o 2024. | ||
O obxectivo principal do proxecto foi a adquisición e montaxe de set de fotogrametría para fotografías 2D e 3D. Estes materiais serán a base tecnolóxica do proxecto ATLAS DIXITAL OSTEOLÓXICO-ADO, que ten como finalidade dispoñer dun amplo atlas documental osteolóxico (ADO) dixital e público dos mamíferos mariños. http://www.cemma.org/ADO/ADOWEB_gal.htm Instalouse un set de fotogrametría portatil composto por dúas unidades, iluminación e escaner 3D: Dous focos GODOX MS Series studio Flash 2 HGz |
||
No capítulo de ACTIVIDADES a través da convocatoria de axudas correspondentes ao programa DP0031: Programa de Axudas a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de actividades no ámbito do medio ambiente durante o 2024. |
||
- Actividades marítimas: realizáronse 10 embarques participativos dende o porto de Fisterra; o número de participantes total foi de 93 persoas. Ademáis leváronse a cabo 3 saídas para o estudo de fotoidentificación de arroaces dende A Coruña, cun pequeno grupo de participantes polos requirimentos da actividade, participando 5 persoas.
|
||
- Actividades litorais de formación de voluntariado: Realizáronse actividades en Cabanas, A Coruña, Fisterra e Ortigueira, sendo a participación finalmente dun total de 125 persoas en todas as xornadas. |
||
Web da Deputación da Coruña: https://www.dacoruna.gal/portada/ | ||
COMPLETE WEB by CEMMA is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Sin obras derivadas 3.0 España License