FORMACIÓN E DIVULGACIÓN SOBRE ASISTENCIA E ESTUDO DE MAMÍFEROS MARIÑOS 2022 A CORUÑA |
||
CEMMA pon en marcha o proxecto de “Medios para o estudio e asistencia aos mamíferos mariños” en colaboración coa Deputación da Coruña, presentando dous proxectos a cadansúa convocatoria: investimentos e actividades. |
||
No capítulo de INVESTIMENTOS a través da convocatoria de axudas correspondentes ao programa DP0036: Programa de Axudas a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de investimentos no ámbito do medio ambiente durante o 2022. O obxectivo principal do proxecto é o de aportar medios para asistencia e apoio aos animais varados e o estudio das súas poboacións na sede da CEMMA na provincia da Coruña e a diferentes agrupacións de Protección Civil e concellos da provincia, mediante a adquisición de padiolas especiais para o manexo de cetáceos varados. Contarase cunha impresora láser e discos duros de almacenamento de información para completar a actualización informática da CEMMA. Disporase tamén de 10 padiolas de lona calada para traslado de cetáceos co fin de ser distribuidas nas agrupacións de Protección Civil dos concellos costeiros e incrementar os medios para a asistencia a cetáceos varados. |
||
No capítulo de ACTIVIDADES a través da convocatoria de axudas correspondentes ao programa DP0031: Programa de Axudas a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de actividades no ámbito do medio ambiente durante o 2022. O obxectivo principal do proxecto é o de aportar información, materiais e protocolos para o aumento de concienciación sobre a necesidade de conservación dos mamíferos mariños e outras especies mariñas ameazadas, así como para a asistencia e apoio aos animais varados. |
||
- Actividades marítimas: realizáronse 5 embarques participativos dende o porto de Fisterra; o número de participantes total foi de 40 persoas. Ademáis leváronse a cabo 5 saídas para o estudo de fotoidentificación de arroaces dende A Coruña, cun pequeno grupo de participantes polos requirimentos da actividade, participando 14 persoas. - Actividades litorais de formación de voluntariado: Realizáronse actividades en Rianxo, A Pobra do Caramiñal, Ponteceso, A Laracha e Malpica, sendo a participación finalmente dun total de 89 persoas en todas as xornadas. - Desenterramento de esquelete de balea: na praia de Balarés (Ponteceso) varou un exemplar morto no ano 2019. Recolleuse o esquelete e ogo de tres anos nun sarcófago procedeuse ao desenterramento e limpeza coa intención de preparar a peza nun futuro próximo. Contouse coa participación de 10 persoas. |
||
Web da Deputación da Coruña: https://www.dacoruna.gal/portada/ | ||
COMPLETE WEB by CEMMA is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Sin obras derivadas 3.0 España License