VOLUNTARIADO CEMMA: A PÉ DE MAR

logo

Baixo este concepto a CEMMA deseñou un programa global para o ano 2026, co obxecto de atender ás necesidades básicas da asociación:

  •  Apoio na atención aos animais varados.
  •  Labores de recuperación de fauna mariña ameazada.
  • Labores de seguimento das poboacións no mar.
  • Apoio ao voluntariado que participa coa CEMMA.

Este programa pretende abordar un labor ambiental no medio mariño para avanzar nunha cuestión que interesa cada vez máis á sociedade: a preocupación polo medio ambiente, xa non só contemplado dende un punto de vista de compadecemento cos seres vivos que están desaparecendo debido ás agresivas actuacións humanas, senón como garantía de calidade de vida.

 

O obxectivo principal do proxecto é aportar os medios necesarios para que o voluntariado poida desenvolver os labores relativos á asistencia e recuperación dos animais mariños varados, seguimento das poboacións no mar e aumento da difusión, e cambio de actitudes, de cara á conservación do medio mariño na sociedade.

Obxectivos secundarios:

  • Dotación de medios materiais e de mantemento do voluntariado.
  • Deseño de labores de formación do voluntariado.
  • Dotación de plataformas para o desenvolvemento de actividades de seguimento marítimo.
   
ev
  oor
 

Campañas de monitorización marítima participativas
Unha parte importante do estudo da comunidade de cetáceos das nosas costas ven dado pola monitorización dende embarcación das poboacións que viven nas augas da plataforma continental.
Leváronse a cabo tres embarques na embarcación Evangelina, con base en Vigo. Para esta tarefa contarase con 2 persoas coordinadoras unha persoa profesional e unha voluntaria auxiliar por embarque, contouse cunha participación de 10 persoas voluntarias en formación por embarque e cun total de 30 persoas participantes en formación e recollida de información das especies no mar.

Realizáronse cinco embarques na embarcación neumática A MUNÍS con base en Fisterra. Para esta tarefa contouse con 1 persoa coordinadora profesional por embarque e unha voluntaria auxiliar. Participaron 5 persoas na primeira e 9 persoas na segunda por embarque, ata un total de 18 persoas participantes en formación e recollida de información das especies no mar.

 
 

Asistencia a animais varados e recuperación
Os Cetáceos, tartarugas mariñas e lobos mariños chegan varar durante todo o ano, a maioría mortos, e son asistidos polos equipos de voluntariado para recoller datos biométricos e mostras biolóxicas. Así mesmo os varados con vida son recollidos para rehabilitación.
Durante o inverno chegan ás nosas costas exemplares de lobos mariños (Halichoerus grypus) e tartarugas (Caretta caretta) varados con vida, todos eles precisan pasar tempo na Unidade de Coidados Intensivos de Nigrán en recuperación para devolvelos ao mar en bo estado.

Durante o ano 2026 rexistráronse un total de 208 varamentos, dos que 136 foron cetáceos, 15 lobos mariños, 21 tartarugas mariñas, 10 lontras, 25 peixes, sobre todo quenllas e 1 cefalópodo.

   
 
 

En canto aos varamentos vivos, normalmente representan o 10 % do total, mais no ano 2026 rexistráronse un 24%, dos que nalgúns casos foron reintroducidos no mar, como é o caso dos cetáceos, e noutros recollidos para rehabilitación, caso de tartarugas e lobos mariños.

Exemplar de lobo mariño cincento en Ribadeo. Contra prognóstico durante o verán foi rexistrado un novo exemplar pertencente a unha especie moi rara, lobo mariño anelado (Pusa hispida) rexistrado en porto do son, nun lugar de dificil acceso sendo monitorizado e custodiado polo voluntariado mentres non chegaba a inmóbil de CEMMA. Dado o seu mal estado de saúde foi evacuado á UCI de Nigrán mais non sobreviviu ás primeiras horas.
Historicamente, rexistráronse ata cinco especies de tartarugas mariñas (quelonios) en Galicia, aínda que as máis comúns son a tartaruga común e a tartaruga de coiro. Ambas as especies foron rexistradas no ano 2026: 15 tartarugas comúns, Caretta caretta e 5 tartaruga de coiro, Dermochelys coriacea. Recolléronse nove exemplares para a súa rehabilitación, dos cales cinco sobreviviron e foron liberados ao mar, durante todo o tempo de ingreso foron atendidas polo equipo técnico veterinario coontando co apoio do equipo de voluntariado para todos os labores de mantemento das instalacións, recollida e cambio de auga, alimentación e asistencia clínica non especializada.

 

 
 
 

Deseño de xornadas formativa da Rede de Varamentos.
Tiveron lugar tres xornadas formativas descentralizadas, formadas por unha xornada de simulacro de rescate dun módulo máximo de dúas horas.
O obxectivo que se trataba conseguir era o de formar nas operacións básicas de asistencia a varamentos, tanto ao voluntariado ambiental como membros de institucións. Durante a xornada aportouse información sobre as especies así como os protocolos de actuación sobre os animais varados, procurando a realización dunha actividade de simulacro.

 
Voluntariado Xunta de Galicia: https://xuventude.xunta.gal/gl/voluntariado
logo

 

COMPLETE WEB by CEMMA is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Sin obras derivadas 3.0 España License