![]() |
![]() |
FILA 0 DAS CAMPAÑAS DE EMBARQUES PARTICIPATIVOS PARA A MONITORIZACIÓN DE CETÁCEOS |
Algunhas persoas, que por diferentes motivos non poden acompañarnos ao mar, pregúntannos como colaborar coas campañas: Para isto organizamos a campaña de micromecenazgo FILA 0 a bordo. Consiste na doazón de 150 € para o mantemento dos embarques participativos no mar. Se optas por esta aportación permites que outras persoas poidan ir a bordo no teu lugar, neste caso estableceremos becas para estudantado, voluntariado ou persoas sen recursos económicos aos que lles damos a oportunidade de acompañarnos. Recibirás un certificado da doazón e un correo postal da CEMMA en agradecemento acompañado de materiais didácticos: libro candorca Os bolechas e Carmela Orzán, así como o poster xigante dos cetáceos ou das candorcas, tamén unha comunicación por correo electrónico co resultado, e fotos, desa campaña. |
![]() |
O número de conta da CEMMA para realizar o ingreso é: IBAN ES25 2100 4790 4702 0002 9083.
|
![]() |
COMPLETE WEB by CEMMA is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Sin obras derivadas 3.0 España License