Deseño e Edición de guía ambiental mariña:

“Mamíferos mariños e tartarugas mariñas do Morrazo"

O obxectivo principal do proxecto é contribuír á protección e conservación das especies mariñas ameazadas, mamíferos e tartarugas mariñas, especialmente a toniña, Phocoena phocoena, especie en perigo de extinción, mediante a participación social, información sobre a especie e as súas ameazas a través da difusión, sensibilización, concienciación, educación ambiental e formación para o desenvolvemento de actitudes e aptitudes que causen impacto social e xeren unha atmosfera de respecto e admiración incidindo de maneira positiva na súa conservación.

ev
  ev
 

Obxectivos secundarios ou específicos:

1- Aumentar o coñecemento social sobre das especies mariñas ameazadas.
2- Aumentar a conciencia ambiental e o respecto sobre as especies protexidas, en especial a toniña.
3- Creación de ferramentas de carácter informativo e formativo sobre as especies de cetáceos, marco legal e boas prácticas a bordo para usuarios do mar e público en xeral.

 
ev
  ev

5- Xerar materiais innovadores mediante a incorporación do caderno de campo como ferramenta versátil de libriño de bolsillo.
6- Fomentar actitudes e aptitudes proactivas cara á conservación das especies mariñas ameazadas.

O proxecto conta cunha axuda da Deputación de Pontevedra e coa colaboración na distribución do concello de Cangas.

logo

 

COMPLETE WEB by CEMMA is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Sin obras derivadas 3.0 España License