FORMACIÓN E DIVULGACIÓN SOBRE ASISTENCIA E ESTUDO DE MAMÍFEROS MARIÑOS 2025

A CORUÑA

 

CEMMA pon en marcha o proxecto de “Formación e divulgación sobre asistencia e estudo dos mamíferos mariños” en colaboración coa Deputación da Coruña, presentando dous proxectos a cadansúa convocatoria: investimentos e actividades.

 

No capítulo de INVESTIMENTOS a través da convocatoria de axudas correspondentes ao programa DP0036: Programa de Axudas a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de investimentos no ámbito do medio ambiente durante o 2025.
 
 
 

O obxectivo principal do proxecto é o de aportar medios para asistencia e apoio aos animais varados e o estudio das súas poboacións na sede da CEMMA na provincia da Coruña e a diferentes agrupacións de Protección Civil e concellos da provincia, mediante a adquisición de dúas maquetas como apoio ás actividades de simulacros de rescate de cetáceos varados.


Diseñarase unha maqueta dunha toniña, Phocoena phocoena, de 198 cm de lonxitude, baseada nun exemplar varado en 2024 na praia de baldaio, Carballo, A Coruña (Fotos 1 e 2). Así mesmo realizarase unha copia fiel dunha maqueta dun golfiño riscado, Stenella coeruleoalba, xa existente, de 167 cm de lonxitude coas modificacións axeitadas en base a un exemplar varado na praia de Areamaior, louro, Muros, a principio de 2025 (Fotos 3 e 4). A técnica será en resina de poliuretano e fibra de vidro pon pintado externo realista que reflicta as especies mencionadas.

 

No capítulo de ACTIVIDADES a través da convocatoria de axudas correspondentes ao programa DP0031: Programa de Axudas a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de actividades no ámbito do medio ambiente durante o 2025.

 
 

- Actividades marítimas: realizaranse 10 embarques participativos dende o porto de Fisterra e dende o porto de Muros. Ademáis levaranse a cabo 3 saídas para o estudo de fotoidentificación de arroaces dende A Coruña, cun pequeno grupo de participantes polos requirimentos da actividade.

 

 
 

- Actividades litorais de formación de voluntariado: Realizaranse actividades en A Coruña, Cedeira, Noia, Riberia e Rianxo.

 
Web da Deputación da Coruña: https://www.dacoruna.gal/portada/

 

COMPLETE WEB by CEMMA is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Sin obras derivadas 3.0 España License