Proxecto CONGORZA: revalorización ambiental do espazo natural litoral de Pta. Balea

 

Proxecto presentado pola Coordinadora para o Estudio dos Mamiferos Mariños-CEMMA e a Asociación de Amigos e Amigas das Gamelas Mar da Pedra.

Conta cunha axuda ao abeiro da estratexia de desenvolvemento local participativo aprobada ao Galp ría de Vigo - A Guarda.

logopkcong1

O espazo natural de Punta Balea comprende unhas 15 ha de extensión de terreo costeiro na parroquia de Darbo, Cangas, abrangue diversos ecosistemas e caracterízase pola súa elevada diversidade biolóxica e ambiental, así mesmo sitúa unha das máis importantes áreas de arqueoloxía industrial dende o século XVIII. Esta área natural, está ameazada polo proxecto de urbanización e porto deportivo de Salgueirón en Cangas. Actualmente, catalogáronse aquí unhas 400 especies de plantas, 70 especies de escaravellos e bolboretas, 1 peixe (a anguía da lagoa), 6 anfibios, 14 réptiles, 140 aves (das cales polo menos 23 crían na zona) e 20 mamíferos. Ademais conta cunha zona litoral de alto valor biolóxico e biodiversidade con alta produción de recursos marisqueiros e pesqueiros, sendo frecuentada polas mandas de arroaces que se alimentan da vida submarina e como visitantes ocasionais é o golfiño común, a toniña ou o arroaz boto. As baleas, non tendo esta zona como hábitat, foron protagonistas no lugar polo seu procesamento na factoría, durante os anos onde a caza da balea estivo activa.

 
 
O obxectivo principal do proxecto é revalorizar o valor ambiental do “Espazo natural de Punta Balea” tanto nos valores ambientais terrestres, litorais como mariños, dotando a instalación do edificio da Congorza como observatorio ambiental e punto de interpretación do medio así como dotándoo para ser un punto auxiliar da Rede de Varamentos de Galicia, operando como unidade de coidados intensivos-UCI de tartarugas e mamíferos mariños. 
   
 
 

Obxectivos secundarios:
Revalorizar o valor ambiental do “Espazo natural de Punta Balea” mediante a dotación de ferramentas de interpretación e acción ambiental directa, observatorio ambiental e punto de interpretación do espazo natural.


Dotar á instalación do matadoiro como punto auxiliar da rede de varamentos e unidade de coidados intensivos de tartarugas e mamíferos mariños, permitindo custodiar e rehabilitar exemplares como satélite das UCIS xa establecidas actualmente.


Mellorar os medios divulgativo-formativos para difusión da asistencia e apoio aos animais varados e destacar o valor ambiental das baleas no contexto actual e en relación ao que supuxeron na Punta Balea.

 
 
 
 
 

Desenvolveranse diferentes accións que redundan nos obxectivos:
1.- Deseño e instalación de exposición interactiva.
2.- Dotación e instalación de unidade de asistencia á Rede de Varamentos e UCI auxiliar.
3.- Deseño e realización de material audiovisual en formato vídeo obre o papel das baleas.
4.- Deseño e realización de actividades complementarias de divulgación e promoción.
5.- Dotación de maqueta realista dun golfiño, como complemento á exposición.
6.- Creación dun banco documental como base ao observatorio ambiental do espazo natural, accesible online.

 
 
 
 
O proxecto dispón dunha páxina web específica (+INFO).
cgz1

 

COMPLETE WEB by CEMMA is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Sin obras derivadas 3.0 España License