MARVITAL: POLAS ESPECIES AMEAZADAS

A difícil situación de ameaza sobre algunhas especies de cetáceos e tartarugas mariñas na costa atlántica da península ibérica leva á toma de accións de proxección social para explicar esta situación, buscar alianzas, sinerxias e crear novas actitudes cara un mellor uso do medio.

Moitas destas especies mariñas están ameazadas a causa das consecuencias, tanto directas como indirectas, das actividades humanas. O cambio climático, a contaminación mariña -sobre todo a inxente cantidade de plásticos no mar-, e o uso do medio mariño dun modo non sostible (sobrepesca e intensidade de tráfico marítimo) están levando a un camiño sen saída a moitas especies.

 
 
 

Dende CEMMA mantívose unha monitorización continua dende 1990, tanto a través da asistencia aos varamentos, rehabilitación de exemplares vivos para a súa liberación, e monitorización de poboacións. Valorando o grado de conservación e as ameazas, centrarémonos en:

- As toniñas, propuestas como subespecie en distintos traballos xenéticos, están en peligro de extinción a causa do seu reducido número e ao impacto que teñen sobre a súa poboación as actividades humanas e especialmente a incidencia da pesca, polo que está desaparecendo en silencio dado que a sociedade non as coñece.

- A subpoboación ibérica de candorcas, que está considerada como vulnerable, está nunha posición delicada de conservación debido ao comportamento de interacción con embarcacións de lecer e á mala proxección social por informaciones non técnicas en redes sociais e algúns medios de comunicación relacionadas con esto, o que pode chegar a por en perigo a súa supervivencia.

- As tartarugas mariñas, a pesar de non existir colonias de cría na costa atlántica da península ibérica, manteñen unha situación crítica no seu paso por estas costas, ás que hai que atender cando aparecen varadas vivas.

 
 
 

O proxecto pretende adxuntar un traballo de educación ambiental ao seguemento das poboacións destas especies ameazadas que se está levando a cabo a través da monitorización dos varamentos, rehabilitación, e monitorización de poboacións. Un fluxo de información cara á sociedade que permita un aumento da sensibilización e concienciación que sirva de cambio de actitudes na vida diaria pero tamén para esixir a conservación do medio mariño e das suas especies ameazadas.

Xeneraranse materiais de impacto social en base a creadores literarios, gráficos e musicais que provoquen emocións no público e que sirvan para provocar o seu apoio á conservación das especies mariñas e, consecuentemente, do medio.

Estes materiais serán de uso extenso e público e destacaranse en obradoiros específicos que serán desenvolvidos ao longo da costa.

As actividades de sensibilización serán apoiadas pola navegación dunha embarcación entre diversos portos da costa de España (costa cantábrica, Galicia e Andalucía) e Portugal, que permitirá a chegada do proxecto dende o mar. As limpezas da costa, actividades de lecer ou saídas ao mar servirán como ferramenta para o soporte dos obradoiros e actividades ambientais de educación ambiental.

 
 

Localización

Francia (La Rochelle), España (costa cantábrica, Galicia e Andalucía) e Portugal, en colaboración co Grupo de Trabajo Orca Atlántica (GTOA https://es.orcaiberica.org/).

Obxetivos

Adopción de accións de proxección social para explicar a situación das especies mariñas ameazadas (toniña, candorca e tartarugas mariñas), buscar alianzas e sinerxias, e crear novas actitudes do uso do mar.

Fases

Este é un gran proxecto a longo prazo e en varias etapas, polo que integra diferentes proxectos a menor escala nos que CEMMA foi encontrando encaixe financieiro de diferentes institucións.

Fase inicial

Os varamentos están sendo asistidos continuamente a través da rede de varamentos de Galicia dende 1990, e contando con financiación da Xunta de Galicia dende 1999 e da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica dende 2022. Ao longo destes anos, a rede de varamentos levou a cabo actividades formativas asociadas ao seu funcionamento, a distintos niveis educativos.

Fase candorca

As accións divulgativas sobre a candorca ibérica como especie ameazada iniciáronse en 2020, ano no que se constituiu o GTOA, e en 2022 víronse ampliadas a través da financiación da Fundación Banco de Santander Santander for the Seas co programa "Frienship: orcas"

Actividades a desenvolver na nova Fase 2024-2025

A nova parte do proxecto complementaría ás actividades para a toniña e as tartarugas mariñas das augas ibéricas. Deste modo foi presentado como primicia á Fundación Príncipe Alberto II de Mónaco, na procura de financiación que permita levalas a cabo.

Accións sobre a toniña e tartarugas mariñas

Esta nova fase seguirá ás anteriores, sobre todo a fase candorca. Levaranse a cabo as seguintes iniciativas:

- Deseño de materiais informativos e de educación ambiental sobre estas especies.

- Exposición itinerante.

- Carteis, trípticos e guía, material editado e de uso en redes sociais.

- Obradoiro de creadores literarios, gráficos e musicais, para xerar materiais de impacto.

- Creación de materiais e ferramentas de difusión con contidos relativos ás especies ameazadas útiles para edición e redes sociais.

- Diseño de obradoiros e actividades de participación e repercusión social.

- Ruta mariña en barco: costa cantábrica, Galicia e Andalucía.

 

COMPLETE WEB by CEMMA is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Sin obras derivadas 3.0 España License