-
Cachalote: ata o fondo do abismo

Cachalote

Castelán: Cachalote. Portugués: Cachalote. Inglés: Sperm whale. Científico:Physeter macrocephalus

Descrición xeral: os machos poden medir máis de 18 metros cun peso de 57 mil quilos, e ata 12 m as femias. A cabeza é moi grande, ata un tercio da lonxitude total do corpo, o aventador consta dun só orificio desviado cara á esquerda. Presenta de 18 a 30 dentes,  só no maxilar inferior, longo e estreito. As aletas pectorais son pequenas e cadrangulares, non presenta unha verdadeira aleta dorsal. De cor gris escura e uniforme en todo o corpo, salvo unha mancha branca no ventre, as cicatrices quédanlle despigmentadas toda a vida.

Bioloxía: aliméntase de cefalópodos. A xestación é de 12 meses e as crías nacen cun tamaño de 4 m. A lactancia dura un ano. Vive en mandas, as femias coas crías, os machos reproductores en haréns e os máis vellos solitarios. No mergullamento acada ata os 3000 m de profundidade durante 60 ou 90 minutos. A lonxevidade estímase en máis de 40 anos.

 

Distribución: especie oceánica, presente en todos os océanos do mundo a excepción das augas polares. Pasan diante das costas galegas na súa migración, onde eran cazados antes do 1985.

-
-