-
A balea: a illa maxestuosa

Balea común

Outros nomes: Rorcual común. Castelán: Rorcual común. Portugués: Baleia común e baleia fina. Científico: Balenoptera physalus

Descrición xeral: as femias miden uns 19 metros e os machos 18 m, acada un máximo 23 m e un peso de ata 70 mil quilos. Cor dorsal gris escura e ventral branca, caracterízase pola asimetría da súa cor, co maxilar inferior esquerdo negro e o dereito branco. A aleta dorsal no tercio posterior do corpo. Presenta de 70 a 100 sucos ventrais. O aventador sitúase no centro da cabeza e consta de dúas aberturas.

Bioloxía: aliméntase de pequenos crustáceos e peixes. A xestación dura de 11 a 12 meses, paren nas augas cálidas, a cría mide 6 m ao nacer. A madurez sexual acádana a redor dos 17 m. Nada a unha velocidade de 9 ata 20 nós (17-37 km/h). Estímase que poden vivir ata 50 anos.

 

Distribución: especie oceánica, distribuída en todos os océanos do mundo, realiza migracións relacionadas coa alimentación e reproducción.  As baleas que  pasan fronte ás costas galegas corresponden a unha poboación que migra entre a augas da Península Ibérica e Escocia. Esta especie foi cazada desde 1920. Nas augas galegas cazouse ata 1985, ano en que se abriu a moratoria da caza de baleas.

-
-