-
O arroaz boto: o segredo do océano

Arroaz boto

Outros nomes: Blancón. Castelán: Delfín gris. Portugués: Grampo. Inglés: Risso´s dolphin.

Científico: Grampus griseus


Descrición xeral: mide entre 3 e 4 metros e máis de 400 Kg de peso. Corpo robusto, con cabeza globosa e bico pequeno, a fronte non é moi pronunciada e presenta unha depresión na parte central. Só presenta de 3 a 7 dentes de 10 mm de diámetro nas hemimandíbulas inferiores. A aleta dorsal é alta, e as pectorais longas (15-20% da lonxitude corporal), e puntiagudas. Dunha cor cincenta con marcas de cicatrices que lle poden dar un aspecto branco, no peito ten unha mancha branca. Os xuvenís que nacen grises e coa cabeza de cor canela, pasan posteriormente por unha fase escura onde adquiren un ton case negro.


Bioloxía: aliméntanse case exclusivamente de cefalópodos. A xestación dura 16 meses, a cría mide 180 cm ao nacer, e o período de lactancia é de 20 meses. A madurez sexual acádase aos 6 anos nas femias  e aos 12 anos nos machos. Viven en mandas de ata 12 exemplares. A lonxevidade estímase en 25 anos.


Distribución: é unha especie oceánica. Está presente en case todos os océanos do mundo. É pouco frecuente en Galicia onde teñen aparecido exemplares varados nas praias, e mesmo se teñen visto no mar.

 

Imágenes

Imagen
-
-