-
O arroaz: ao pé da praia

Arroaz

Outros nomes: Arroazo, arroarte, bota, boto, bufa, bufo, bufana, bijorna. Castelán: delfín mular. Portugués: roaz-corvineiro. Inglés: bottlenose dolphin. Científico:Tursiops truncatus

Descrición xeral: os adultos superan os tres metros. É un golfiño esvelto e robusto. Os dentes son cónicos e puntiagudos, gastados nos exemplares vellos, de 20 a 25 por hemimandíbula e de 7'5 milímetros de diámetro (como a tapa dun boligrafo). De cor cincenta que se escurece no lombo e aclara no ventre.

Bioloxía: aliméntase de peixes e cefalópodos que pode capturar a máis de 100 metros de profundidade. A xestación dura doce meses e a cría nace con 100 cm de lonxitude. Polo xeral vive preto da costa, distribuído en función da idade e do sexo. Aínda que é desconfiado, algúns exemplares solitarios téñense achegado a praias concorridas. A lonxevidade estimada é de 30 a 40 anos.

 

Distribución: presenta unha poboación costeira residente, e outra oceánica. Está presente nas augas cálidas e tépedas de todos os océanos. En Galicia está presente unha das poboacións residentes máis numerosas da Península Ibérica distribuída en varrias mandas, é doado observalas desde a costa.

Imágenes

Imagen
-
-