-
2.1.5. Tartaruga mariña pequena (Lepidochelys kempii)

TARTARUGA MARIÑA PEQUENA

 

ORDE: TESTUDINS

FAMÍLIA: CHELONIIDAE

XENERO: LEPIDOCHELYS

ESPECIE: Lepidochelys kempii

OUTROS NOMES: Tartaruga (portugués), Tortuga bastarda (catalán), Kemp dortokoa (euskera), Tortuga golfina (español), Kemp’s sea turttle (inglés).

DESCRICIÓN

Caparazón redondeado e cuberto de cinco escudos vertebrais hexagonais e cinco pares de escudos costais. Quilla dorsal marcada nos xuvenís. Supera os 70 cm de lonxitude, as femias nidificantes do Atlántico acadan os 75 cm e 50 kg de peso. Polo xeral cor verduxa dorsalmente e branco cremosa ventralmente. Dimorfismo sexual evidente pola diferencia da lonxitude do rabo e uñas nos machos, caracteres só presentes nos adultos. Basicamente carnivora.

DISTRIBUCIÓN

Endémica do Golfo de México, as áreas nidificantes están moi localizadas nunhas poucas praias da costa sur do estado de Tamaulipas en México, polo que a ameaza da sobrevivencia da poboación é considerable. Pode ser considerada moi rara nas augas ibericas.

-
-