-
2.1.4. Tartaruga carei (Eretmochelys imbricata)

TARTARUGA CAREI


ORDE: TESTUDINES

FAMÍLIA: CHELONIIDAE

XENERO: ERETNOCHELYS

ESPECIE: Eretmochelys imbricata

OUTROS NOMES: Tartaruga de carei (portugués), Karei dortokoa (euskera), Tortuga carei (catalán), Tortuga carey (español), Hawksbill sea turttle (inglés).

 

DESCRICIÓN

Caparazón alongado e cuberto de cinco escudos vertebrais hexagonais e catro pares de escudos costais, todos eles imbricados e co borde moi aserrado. Quilla dorsal marcada nos xuvenís. Supera os 90 cm de lonxitude, as femias nidificantes do Atlántico acadan os 117 cm e 172 kg de peso, o tamaño máximo atopado é de 141 cm e 386 Kg de peso. Polo xeral son de cor parda formando figuras radiais e un complexo deseño con cores dende negro ata vermello. Cor escura, amarela laranxa ou amarela ventralmente. O dimorfismo sexual é evidente pola diferencia da lonxitude do rabo. A alimentación é basicamente esponxívora.

 

DISTRIBUCIÓN

presente nas rexións tropicais do Atlántico. As áreas nidificantes están localizadas nas costas americanasd d Costa Rica, Venezuela, Cuba, Gayana, Haití, Colombia e Puerto Rico. Pode ser considerada moi rara nas augas ibericas dado o seu caracter tropical.

-
-