-
2.1.3. Tartaruga verde (Chelonia mydas)

TARTARUGA VERDE

 

ORDE: TESTUDINES

FAMÍLIA: CHELONIIDAE

XENERO: CHELONIA

ESPECIE: Chelonia mydas

OUTROS NOMES: Tartaruga Esverdeada (portugués), Tortuga verda (catalán), Dortokoa verdea (euskera), Tortuga verde (español), Green turttle (inglés).

 

DESCRICIÓN

Ten o caparazón redondeado e cuberto de cinco escudos vertebrais hexagonais e catro pares de escudos costais. Presenta unha quilla dorsal nos xuvenís e catro escudos inframarxinais no plastrón. Supera os 100 cm de lonxitude, chegando as femias nidificantes do Atlántico, ata os 117 cm e 172 kg de peso, o tamaño máximo atopado é de 141 cm e 386 kg de peso.

Polo xeral é de cor verde pardusca dorsalmente, con bandas estreladas en cada escudo, e branca ventralmente. O dimorfismo sexual é evidente pola diferencia da lonxitude do rabo (nos machos moi longo e prensíl). É basicamente herbívora.

 

DISTRIBUCIÓN

Rexións tropicais e ocasionalmente subtropicais dos mares Atlántico e Mediterráneo oriental. As áreas de cría no Atlántico son: Oeste- Florida, Carolina, Cuba, Yucatán, Colombia e Brasil. Leste- Senegal. Mediterráneo- Turquía, Israel, Siria e Chipre.

A nivel Ibérico: especie pouco frecuente. Pode ser considerada rara nas augas ibero-baleares e común nas Canarias.

En Galicia é unha especie que aparece con moi pouca frecuencia, a penas catro exemplares nos últimos dez anos. Os tamaños dos exemplares son de entre 40 e 45 cm.

-
-