-
Augamares

En diversas ocasións a CEMMA ten constancia da presencia de invertebrados de corpo brando e de vida libre, normalmente denominados augamares ou medusas nas nosas augas, esta presenza pode producirse de xeito individual ou masivo e normalmente acontece entre as 5 e as 15 millas de distancia da cosa, anque em ocasións achéganse ata a costa arrastadas polos ventos e mareas. A presenza destas especies está relacionada coa entrada  de augas cálidas procedentes do centro do océano e da Corrente de Golfo. Habitualmente veñen asociadas a outro tipo de fauna, como é o caso das tartarugas mariñas.


A presenza máis habitual son os exemplares de veleiriños (Velella velella) varados, e téñense dado reiterados casos nas praias dos concellos de Barreiros e Cervo en Lugo, nas praias dos concellos de Ortigueira, Carballo e Laracha e nas praias de Baiona e Nigrán en Pontevedra. Tamén nas praias da Illa de Arousa foron detectados exemplares de augamar (Rhizostoma pulmo). Unha forte incidencia destas especies aconteceu no verán do ano 2004, anque podem aparecer em calquera época do ano, o máis habitual é que aparezan a finais de agosto e a partir de setembro, cando o afloramento deixa de ser predominante e aumenta o vento do sur, suroeste.


Poida ser que nas praias aberta sexan atopadas tamén algúns exemplares de carabela portuguesa (Physalia physalus), que non soe aparecer em número tan masivo como as outras especies de medusas.


AS ESPECIES PRESENTES


Velella velella é unha pequena medusa de cor azul e de movemento limitado, desprazándose ó ser empurrada a súa pequena vela superior polo vento. Presenta uns tentáculos de diminuto tamaño.

Rhizostoma pulmo é unha medusa de tamaño grande que pode superar os 40 cm de diámetro, desprázase con movementos propios realizando pulsos da umbrela. Os tentáculos son longos e voluminosos.

Physalia physalus non é unha verdadeira medusa senón un sifonóforo, é dicir un conxunto de pólipos e medusas. Ten un aspecto globoso e uns longos tentáculos.


¿Qué facer se hai un grande número de medusas nas aguas costeiras?


* Pechar a praia ou limitar o acceso a algunha zona, ó menos durante 24 horas, se é tal número que non se pode andar na auga sen evitalas.

* Tomar precaucións aínda que non haxa animais completos dado que a acción das ondas rompe os tentaculos e as células dos fragmentos flotantes de medusa poden seguir activas.

* Sacar fora da agua, con precaucións, tantas medusas como sexa posible. Recoller con coidado aquelas que vararon na praia, aínda mortas. Utilizar lubas de plástico evitando o contacto directo co pel.

* Avisar aos bañistas non familiarizados con estes organismos que non os toquen incluso si estes aparecen mortos. ATENCION para os cativos e personas cun historial de alerxias (atopía ou asma), persoas que xa foron picadas por medusas con anterioridade e persoas con problemas cardíacos.

* Non pasear pola praia na rompente das ondas onde poden abundar fragmentos de medusa.


Un periodo dun día de sol é necesario para desactivar as células urticantes localizadas nos fragmentos.


¿Qué facer diante dunha picadura de medusa?

(ESTA INFORMACION E ORIENTATIVA, EN CASO DE PICADURA REMITIRSE SEMPRE A UN ESPECIALISTA MEDICO)


Sintomas de picadura grave de carabela: Dor abdominal. Cambios no pulso. Dor no peito ou cabeza. Dores e espasmos musculares. Entumecemento e debilidade. Dor en brazos e pernas. Mancha vermella e elevada no lugar da picadura. Ollos chorosos. Dificultade para deglutir. Suoracion.

ATENCIÓN: as personas que xa fóran picadas unha vez, están sensibilizadas e unha segunda picadura pode producir unha reacción máis severa.

SE É POSIBLE: Tentar identificar a especie de medusa que ocasionou a picadura porque se a identificación é satisfactoria os tratamentos médicos poden aplicarse para desactivar os cnidocistos.


No primeiro momento

Non frotar a zona afectada, nin con area nin coa toalla, non utilizar amoníaco.

Non limpar nunca a zona afectada con agua doce, usar sempre auga salgada

Aplicar frío sobre a zona afectada durante 15 minutos usando unha bolsa de plástico que conteña xelo. nunca aplicar o xelo directamente xa que é auga doce. si a dor perdura, aplicar de novo a bolsa de xelo durante outros 15 minutos.

Extraer calquer resto de tentáculo que permaneza adherido á pel, pero sempre coas mans cubertas (lubas, toalla, etc.).

Se o estado da víctima empeora progresivamente logo de aplicar xelo, con inicio de complicacións respiratorias, convulsións ou alteracións cardíacas, ésta dede ser levada inmediatamente ó hospital máis próximo.


Tratamentos médicos

* Para Pelagia noctiluca, unha solución saturada de sulfato de magnesio nunha solución de cloruro sódico na proporción 3.5 gr/100 ml.

* Para Chrysaora hysoscella, unha solución acuosa concentrada 1:1 de bicarbonato sódico.

* Para Rhizostoma pulmo e Cotylorhiza tuberculata, unha solución saturada de sulfato magnésico nunha solución de cloruro sódico na proporción 3.5 gr/100 ml ou unha solución acuosa concentrada 1:1 de bicarbonato sódico.

* Para Physalia physalis, vinagre (ácido acético ó 4-6 %).


Información relativa ó tratamento recollida do Centre Mediterrani d'Investigacions Marines i Ambientals.

Información relativa á identificación: CEMMA e Departamento de Bioloxía Animal da Universidade de Santiago.

Información web:

http://www.glaucus.org.uk/Moonjell.htm

http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/ency/article/002845.htm

http://alergomurcia.com/pdf/Picadura_Medusas.pdf

http://www.euroresidentes.com/salud/consejos/primeros-auxilios/medusas.htm

-
-