Recuperación

En ocasións a asistencia a un animal varado ou enfermo remata na conclusión da imposibilidade de que o animal volva ao mar de xeito inmediato, xa que isto garantiría a súa non supervivencia por si mesmo. Nestas ocasións activase un protocolo de coidados e supervisión veterinaria levado a cabo polos técnicos da CEMMA e apoiado activamente pola masa de voluntariado, que colabora nas tarefas de recuperación dos animais.


Nas dúas instalacións a disposición da rede (a unidade de coidados intensivos na Sociedade galega de Historia Natural e as piscinas do Aqcuarium Galicia no Grove) a sección veterinaria da CEMMA coordina un programa de seguimento e recuperación do animal en cuestión, no que participan tanto os voluntarios da CEMMA como membros das dúas entidades anteriormente citadas, executando labores de gardería e alimentación co fin de mantelo nas mellores condicións ata que recupere o peso axeitado e mostre ter forzas suficientes para a súa liberación.

 

-
-