Varamentos

A execución da Rede de Asistencia a Varamentos en Galicia supón un gran despregue de medios para a CEMMA. E por isto que o desenrolo da mesma implica a profesionais de diversos ámbitos de formación, que se encargan de proporcionar a axuda precisa nos varamentos de cetáceos e outros animais mariños que acontecen no noso litoral. Sen embargo, e a pesar de que a rede conta con persoas que a coordinen, é importante a colaboración de voluntarios para cubrir moitas das necesidades secundarias da mesma, como a toma de mostras en complemento de investigación, mantemento de infraestruturas, colaboración na asistencia sobre o terreo, procesamento de datos, etc…


Actualmente danse en Galicia unha media de 250 casos anuais de animais varados ou que precisan asistencia veterinaria dalgún tipo. A rede de varamentos da CEMMA xorde para brindar cobertura a todos estes casos e xestionar as mostras recollidas en cada caso, que entran a formar parte do banco galego de mostras de especies mariñas.


A implicación dos voluntarios da CEMMA no desenrolo da Rede de Asistencia a Varamentos ten características especiais: ao tratarse dun servizo activo 24 horas ao dia, durante 365 días ao ano, e duns requirimentos de actuación case inmediatos, a maioría dos operativos xestiónanse con moi pouco tempo de marxe, e é por iso que a colaboracion voluntaria de información e actuación é vital neste campo.

-
-