Formación do Voluntario CEMMA

O programa de formación de voluntarios e un dos grandes atractivos do Plan de Voluntariado medioambiental CEMMA, xa que en moitos casos sirve como propio complemento de formación persoal ou profesional dos nosos voluntarios. Gratuitos para a totalidade de socios e inscritos no rexistro de voluntarios da Coordinadora, as charlas e cursos de formación sucédense periodicamente no ano, dotando aos nosos participantes das ferramentas e habilidades precisas para a execución dos diferentes cometidos ao longo do ano. A maiores disto, antes do desenrolo de cada actividade reservase un tempo para lembrar a metodoloxía a aplicar co fin de uniformizar os criterios de actuación en cada caso.

 

Algunhas das xornadas temáticas programadas son as seguintes:


- Curso xeral de cetáceos e mamíferos mariños: anatomía, adaptacións ao medio mariño, etc… - Destinado a voluntarios de recente incorporación.


- Rede de varamentos e realización de necropsias, toma de mostras.- Co fin de ilustrar as actividades realizadas na Rede de Asistencia a Varamentos


- Técnicas de laboratorio: xestión e tratamento de mostras.- A sección científica da CEMMA formara aos seus colaboradores en temas de manexo de mostras, conservación de tecidos, histopatoloxía, parasitoloxía, etc…


- Xestión da rede de avistamentos costeiros, fotoidentificación, tratamento de datos.- Co fin de formar aos participantes na RAVIS Costeira.


- Acústica: xestión, posta en marcha da rede de hidrófonos en Galicia.- Actividade formativa da departamento de bioacústica da CEMMA


- Curso de 2 días na embarcación Nauja para a formación de voluntarios na rede de avistamentos mariños.- Aínda que este último curso e especifico da RAVIS mariña, poranse en práctica todos os contidos dos cursos anteriores, nunha actividade resumo eminentemente práctica.


-
-