Dereitos e Deberes do Voluntariado. Lexislación Vixente.

 

Segundo a normativa legal vixente (recollida na Lei Estatal do Voluntariado 6/1996 e na Lei 3/2000 do Voluntariado galego), establécense como dereitos e obrigas do voluntario os seguintes puntos:

 

a) Un voluntario ten dereito a:

 

- Recibir, tanto con carácter inicial como permanente, a información, formación, orientación, apoio e, no seu caso medios materiais precisos para o exercicio das funcións que se lles sinalen.

 

- Seren tratados sen discriminación, respectando a súa liberdade, dignidade, intimidade e crenzas.

 

- Participar activamente na organización na que se involucren axudando na elaboración, deseño, execución e avaliación dos programas, de conformidade cos estatutos ou normas de aplicación.

 

- Estar asegurado contra os riscos de accidente e enfermidade derivados directamente do exercicio da actividade voluntaria, coas características e polos capitais asegurados que se establezan regulamentariamente.

 

- Ser reembolsado polos custos derivados no desempeño das súas actividades.

 

- Dispor dunha acreditativa de identificación da condición de voluntario.

 

- Face-la súa actividade coas debidas condicións de seguridade e hixiene en función da natureza e características daquela.

 

- Obter o respecto e recoñecemento polo valor social da súa contribución.

 

 

b) Un voluntario queda obrigado a:

 

- Cumprir os compromisos adquiridos coas organizacións nas que se integren, respectando os fins e a normativa das mesmas.

 

- Gardar, cando proceda, confidencialidade da información recibida e coñecida no desenrolo da súa actividade voluntaria.

 

- Rexeitar calquera contraprestación material que puideran recibir ben do beneficiario ou doutras persoas relacionadas coa súa acción.

 

- Respectar os dereitos dos beneficiarios da súa actividade voluntaria.

 

- Actuar de xeito dilixente e solidario.

 

- Participar nas tarefas formativas previstas pola organización de modo concreto para as actividades e funcións confiadas, así como as que con carácter permanente se precisen para manter a calidade dos servizos que presten.

 

- Seguir as instrucións axustadas ós fins que se impartan no desenrolo das actividades encomendadas.

 

- Empregar debidamente a acreditación e distintivo da organización.

 

- Respectar e coidar os recursos materiais que poñan á súa disposición as organizacións.

 

Estes puntos definen un marco de actuación sobre os dereitos e deberes mínimos que teñen que cumprir as actividades de voluntariado. A maiores cada organización deberá posuír un ideario marco sobre a xestión do voluntariado dentro da propia entidade, tomando como base os anteriores puntos.

 

 

-
-