Voluntariado Ambiental de Carácter Social

Dende fai case 20 anos a Coordinadora para o Estudio de Mamíferos Mariños (CEMMA) desenrola no ámbito xeográfico galego un importante traballo no tocante a investigación e conservación do medio mariño. Os traballos científicos e de divulgación tratan de afondar nos coñecementos acerca da bioloxía dos nosos mares, facendo participe dos mesmos a sociedade.  Simultaneamente as accions mais cientificas, a CEMMA ocupase de exercer unha labor de recuperación e conservación do medio mariño, tecendo unha rede activa de asistencia a animais varados e protección/recuperacion de ecosistemas e medios degradados a través da accion voluntaria da nosa sociedade.


É importante matizar os compromisos que a CEMMA establece actualmente ccos seus voluntarios e voluntarias. Se ben ao principio da década dos 90 (data de fundación da Coordinadora) as propostas de voluntariado restrinxíanse a actividades puntuais e limitadas polos recursos e a imprevisibilidade das mesmas, co paso dos anos estas propostas foron collendo cada vez mais peso co comezo das colaboracións nas recen creadas redes de asistencia a varamentos e avistamentos mariños e costeiros. Hoxe en día, as actividades de voluntariado propostas pola CEMMA van mais ala destas dúas. Xornadas de formación para voluntarios, cursos de adaptación, campañas de promoción do voluntariado en centros de diversa índole, colaboración en programas de recuperación de áreas degradadas, labores de análise de mostras e laboratorio, supervisión veterinaria de animais en recuperacion… son tan só algunhas das actividades que se levan a cabo diariamente na CEMMA, e que sen a axuda incondicional dos nosos voluntarios sería imposible sacar adiante dun xeito tan eficiente como o actual.


A actuación do voluntariado ambiental, non só na CEMMA senón a nivel de toda Galicia tórnase co tempo como unha vía de actuación indispensable para tentar achar solucións a moitos dos problemas que actualmente afectan as nosas costas polo que dende a CEMMA queremos continuar apostando por estas iniciativas como un camiño de enriquecemento social e medioambiental.


-
-