3. No Cumio da Pirámide

O ciclo da vida comeza polos nutrientes e pola luz do sol.

O fitoplancto fixa o carbono transformándose nos productores primarios do mar.

O zooplancto pasta nos vexetais mariños e a súa vez é pasto doutros depredadores de maior tamaño.


Existe unha basta rede trófica que interrelaciona a totalidade dos seres mariños.


Redes alimentarias

Hai dúas grandes redes tróficas, ou alimentarias, simultáneas e tamén interconectadas. A rede betónica baseada nos animais filtradores sésiles (mexillón) e a rede peláxica baseada nos filtradores peláxicos (sardiña) e nos meramente depredadores.


A transformación da enerxía é piramidal, onde na base están os maiores e máis abundantes productores, a medida que se sube na pirámide descende o número de predadores e superpredadores.


O transvase de enerxía supón unha perda en calor e detritos. Os seres preeiros, detritívoros e descompoñedores pechan este ciclo reducindo de novo os materiais restantes a nutrientes.


O ciclo dos océanos

O ciclo biolóxico dos océanos é como se dixéramos o motor que move a maquinaria da vida, dada a inmensidade dos océanos e á case infinda vida que neles hai é un ciclo moi complexo mais a súa vez moi simple que responde ao transvase de enerxía e de biomasa entre diferentes niveis.


A producción primaria está condicionada pola temperatura, nutrientes e pola luz. Todo comeza coa fixación de carbono atmosférico por parte do fitoplancto, as pequenas algas microscópicas que, xunto con bacterias, virus e protozoos forman o que se veu a chamar rede trófica microbiana: a materia orgánica producida por todos estes organismos é degradada polas bacterias, a súa vez  son alimento dos protozoos. A captación de enerxía polo fitoplancto é o proceso equivalente ao que fan as plantas terrestres e as árbores e realizase gracias aos pigmentos que estes organismos teñen e que lles permite captar a enerxía do sol.


Se hai suficientes nutrintes inorgánicos o fitoplancto medra e serve de alimento a protozoos e ao zooplancto, cuxo compoñente  máis  conspicuo son os copépodos.

Así, aqueles fenómenos climáticos, de dinámica oceánica ou producidos polo ser humano que afecten á medra do fitoplancto acaban afectando tamén aos invertebrados e aos peixes, dando lugar a todas as relacións de crecemento, reprodución, depredación, limitación, etc.


O ciclo biolóxico permítenos comprender o concepto de totalidade biosférica onde o valor do conxunto transcende o valor individual de todos os seus compoñentes. O valor natural da riqueza biolóxica multiplícase cando contemplamos a diversidade da interrelación entre os diferentes seres vivos.


Na base da relación trófica están os vexetais que realizan a síntese de moléculas complexas a partir de compostos minerais simples co aporte enerxético da radiación solar, neste mesmo nivel poden situarse as bacterias quimiosintéticas que substitúen a enerxía aportada polo sol pola aportada polas reaccións químicas, estas bacterias viven en lugares cunhas condicións especiais en determinadas partes dos fondos mariños, como as dorsais oceánicas. O seguinte nivel está ocupado polos seres heterótrofos que se alimentan dos vexetais dándose un transvase enerxético do 10%, é dicir, por cada 100  gr de organismos vexetais consumidos prodúcese 10 g de organismos animais no primeiro nivel é tan só 1 g no seguinte nivel, o resto da enerxía disípase producto do movemento ou como calor ou pérdese baixo a forma de detritos.


Sucédense diversos niveis tróficos en forma piramidal. Esta pirámide trófica que simplifica o transvase enerxético complícase ao detallar a interrelación trófica entre as especies dado que observamos unha rede trófica moi entramada onde as relacións chegan a facerse difusas entre os diferentes niveis tróficos, manténdose claros a base (vexetais) e o cume (cetáceos, aves e grandes peixes).


Finalmente este ciclo da vida no mar péchase pola achega de materia orgánica ao medio procedente da excreción, defecación e descomposición dos organismos que é paulatinamente degradada até converterse de novo en elementos básicos que inician o ciclo en forma de nutrinte.

 

-
-