Proba específica para o voluntariado

V7.- A lei que regula o voluntariado na comunidade galega e a:


a) Lei 3/2000 do 22 de decembro do Voluntariado de Galicia


b) Lei 3/2013 do 22 de decembro do Voluntariado de Galicia


c) Lei 3/1000 do 22 de decembro do Voluntariado de Galicia


d) Lei 3/1966 do 22 de decembro do Voluntariado de Galicia


V6.- A lei que regula o voluntariado no estado español e :


a) Lei 6/1806, de 15 de Xaneiro, do Voluntariado (Lei Estatal do Voluntariado)


b) Lei 6/1996, de 15 de Xaneiro, do Voluntariado (Lei Estatal do Voluntariado)


c) Lei 6/2016, de 15 de Xaneiro, do Voluntariado (Lei Estatal do Voluntariado)


d) Lei 6/1966, de 15 de Xaneiro, do Voluntariado (Lei Estatal do Voluntariado)


V2.-¿Cales destas ideas serven de base para o voluntariado?


a) Libre elección de acción, solidariedade, resposta a necesidades sociais e organización colectiva.


b) Estrutura pechada, fixismo, primacía das entidades sobre os obxectivos.


c) Individualismo, satisfacción de necesidades persoais.


d) Desinformación, contidos ocultos e técnicas restritivas de cara a participación.


V9.- O contrato de voluntariado ¿ten validez xurídica?


a) Si, ao mesmo nivel que calquera outro contrato.


b) Si, pero sen prestacións sociais como desemprego, cotizacións a seguridade social, etc…


c) Non, tan só e un documento que recolle unha implicación moral.


d) Non, se non recolle unha remuneración económica polo meu traballo voluntario.


V4.- E deber do voluntario para coa organización que o acolle:


a) Coñecer e asumi-lo ideario, estatutos, fins, programas, normas de regulación e métodos de traballo da organización.

 

b) Asumir todas as labores de xestión de material para as actividades previstas


c) Facer caso omiso das premisas de confidencialidade e discreción solicitadas pola entidade


d) Asumir as tarefas e responsabilidades designadas sen informarse previamente e aceptar o compromiso rápido e sen considerar si se dispón do tempo e as enerxías suficientes.


V3.- Son dereitos do voluntario:


a) Recibir remuneración económica polos servizos prestados.


b) Poder ter a disposición un vehículo para todos os desprazamentos.


c) O poder cesar a súa actividades sen aviso previo para a entidade


d) Recibir de balde a formación necesaria


V1.- O voluntario defínese como:


a) A persoa que por elección propia dedica unha parte do seu tempo a acción solidaria, altruísta, sen percibir remuneración por iso.


b) A persoa que dedica parte do seu tempo a unha acción solidaria, altruísta e remunerada polo servizo prestado


c) A persoa que por obriga dedica unha parte do seu tempo a acción solidaria, altruísta, sen percibir remuneración por iso.


d) A persoa que por elección propia dedica unha parte do seu tempo a acción solidaria, con algún interese persoal, sen percibir remuneración por iso.


V5.- E deber do voluntario para cos outros voluntarios:


a) Evitar, na medida do posible, unha comunicación activa e fluída entre compañeiros de voluntariado.

 

b) Acaparar todo o material posible para poder realizar mellor o seu traballo individual, sen importar o colectivo

c) Fomenta-lo traballo no equipo propiciando unha comunicación fluída e un clima de traballo e convivencia agradable.

d) Ofrecer unha acollida fría e hostil ós que inician o seu voluntariado.


V10.- Levando a cabo unha actividade de voluntariado no monte rompeuse un cable de teléfono mancando a un dos voluntarios que estaban a traballar nese momento. ¿Quén é o responsable do cable e do voluntario?


a) Do cable a entidade organizadora a través da póliza de responsabilidade civil pero do voluntario o propio voluntario


b) Do cable o voluntario que o rompeu pero do voluntario a entidade organizadora a través do seguro contra riscos de accidentes e enfermidades derivadasda acción voluntaria


c) En ambos casos o voluntario por traballar sen coidado


d) En ambos casos a entidade a través das súas pólizas de seguro


V8.- ¿O voluntario pode recibir diñeiro pola súa labor?


a) Si, é mais debe esixilo xa que o seu tempo e tan valido como o de calquera outra persoa


b) Si, pero so aquel que se poida xustificar como gasto en transportes, teléfono ou similares… resultado da súa acción voluntaria


c) Si, pero so os gastos de teléfono para chamar a casa.


d) Non, nunca pode entregarse cartos a un voluntario.


Datos persoais

* Todos os campos son obrigatorios

-
-