Proba xenérica

EA10.-¿ Cara onde evoluciona o termo de Educación Ambiental?


a) Educación para a sustentabilidade.


b) Educación para o consumo.


c) Educación para a  conservación.


d) Educación para a recuperación.

20. Os tres factores fundamentais a controlar na Síndrome de Varamento son:

a) Calor, Inanición e Hiperexcitabilidad
b) Compresión, Hipertermia e Tensión
c) Flotación, Hipotermia e Excesiva Relaxación
d) Ningunha das anteriores é correcta


EA3.- ¿Cales son os compoñentes da educación ambiental?


a) Estudio físico-químico da realidade, avaliación de problemas técnicos, actuacións de enxeñeria na resolución da problemática concreta.


b) Descrición da problemática ambiental, xurídica dos problemas, potenciacion de sancións administrativas ou penais co fin de solucionar os danos ocasionados.


c) Avaliación dos efectos do impacto sobre a sociedade,estudo de iniciativas para a mellora da calidade de vida de colectivos afectados, intervención social.


d) Base de fundamentos ecoloxicos, concienciación conceptual da sociedade , investigación e avaliacion de problemas, capacidade de acción.


6. O emprego de técnicas de mostraxe acústica durante a realización das mostraxes cetolóxicas a bordo nos permite.

a) saber qué están decindo os golfiños.

b) cantarlle unha canción ás baleas.

c) rexistrar a presencia de animais que están moi lonxe ou sumergidos e que non podemos detectar a través da observación..

d) Emitir sons para asustar ós cetáceos e conseguir que abandonen a zona de estudio.

7. Cando estamos realizando observación para a detección visual de cetáceos debemos:

a) estar moi pendentes de calquera indicio que nos poida indicar a presencia de animais, como a presencia de aves mariñas alimentándose.

b) Ter sempre os ollos pechados, para evitar non mollalos coa auga de mar.

c) Tirar peixe ó mar, para atraer ós animais.

d) Estar moi relaxados e só preocuparnos de non marearnos.

9. Cando estamos a realizar avistamentos por unha zona de pesca sabemos que:

a) podemos irnos a durmir, porque os cetáceos nunca se achegan ás zonas de pesca.

b) se hai boias no mar, todos os cetáceos se van a achegar a elas para examinalas.

c) debemos estar moi atentos, porque os cetáceos tamén están presentes nas zona de pesca.

d) se hai barcos de pesca na zona, é imposible que haxa cetáceos.

21. A extracción de sangue nos golfiños pode realizarse dos vasos:

a) Da aleta caudal
b) Da aleta dorsal
c) Das aletas pectorais
d) Todas as anteriores son correctas

23. O mellor xeito de inmobilizar a unha tartaruga é:

a) Inmobilizar as aletas facendo forza ata que se relaxe
b) Voltearla sobre un pneumático
c) Utilizar cabos ou cinchas ao redor das aletas
d) Colocala nunha caixa adecuada ao seu tamaño e que restrinxa os seus movementos ao mínimo

8. Podemos detectar a presencia dunha balea na zona de estudio a través:

a) do seu soplo, que o podemos observar a simple vista a mais de 2 Km de distancia.

b) da emisora de radio do barco, sintonizando a canle baleeira número 27.

c) dos sons que emite para tratar de asustar ó observador cando o barco se achega demasiado a ela.

d) dos latidos do seu corazón que detecta o radar do barco.

EA6.- Cales destes enunciados son correctos:


a) A educación ambiental evoluciona de forma paralela a idea de medio ambiente e a percepción que del se ten.


b) A idea de educación ambiental non abarca termos sociais como base, senón que se centra nos procesos biolóxicos do medio natural.


c) A educación ambiental non ten unha dimensión temporal de futuro respecto as súas actuacións.


d) A educación ambiental traballa sobre a idea de definir os problemas que afectan ao medio ambiente e lograr o seu recoñecemento social, deixando os procesos de resolución destes problemas a outras disciplinas.


Datos persoais

* Todos os campos son obrigatorios

-
-