Glosario
Sábalo: Peixe mariño duns sesenta a oitenta centímetros co corpo en forma de lanzadeira; críase no mar e introdúcese nos ríos na primavera; só se atopa no Miño e nalgún outro río caudaloso.
Safar: Salvar, librar, cubrir.
Saín: Graxa da sardiña.
Salabardo: Rede pequena en forma de manga atada a un aro de ferro para sacar peixe. 2. Arte pequena de arrastre
Salgadeira: 1.Lugar onde se salgan carnes e peixes.2. Fábrica de conservas onde se gardan produtos salgados.
Salobre: Que ten certo gusto a sal. Salgado, salino.
Salseiro: Onda rota contra unha embarcación ou contra as rochas.
Salvavidas: Aparato ó que se agarra un náufrago para evitar afogar no mar
Samarugo: 1. Terco. 2.Peixe novo de calquera especie..
Samarugueira: Certa rede de pescar que se estende de beira a beira dos ríos pequenos ou regatos.
Sanxoaniña: Clase de ameixa pequena; ambruiña.
Sarillo: Torno horizontal movido a brazo, que se coloca na cuberta do buque para carga e descarga.
Sebal: Fondo mariño recuberto de algas.
Sebeiro: Pedra que se emprega para sondar a profundidade do mar, para saber se o fondo está limpo ou pedregoso.
Seca: Parte dos areais que queda descuberta na marea baixa. Baixamar.
Serea: Ser fantástico mariño coa parte superior do corpo de muller e a inferior de peixe; coa fermosura dos seus cantos atraía ós navegantes contra os escollos e facía embarranca-los barcos.
Serviola: Peza de madeira colocada na parte exterior da proa dos barcos para termar do aparello; emprégase para subir e baixar as áncoras.
Siluro: Peixe teleóstero de auga doce; ten cor verde escura e é moi voraz.
Silva ou Silvamar: Especie de alga dura e con espiñas que cando se lían nas redes son moi difíciles de sacar.
Sineira: Cabo delgado ó que se ata o bourel. 2. Cada unha das boias que van no cabo superior do trasmallo.
Singradura: 1.Percorrido que realiza unha nave nun día. 2. En navegación, período de 24 horas, xeralmente de mediodía a mediodía.
Singrar: Navegar con rumbo determinado.
Sirénido: Dise dos animais mamíferos placentarios e acuáticos de corpo pisciforme. Orde de estes animais.
Sirenio: Mamífero mariño dos sirénidos, coma a vaca mariña.
Sirga: Rede para pescar sardiña.
Sisal: Tipo de sedela e fío para facer redes, forte, pouco pesado.
Sisga: Arpón de tres dentes para a pesca.
Sisgar: Remar seguindo unha liña quebrada, en zigzag.
Sobanco: Cova ou refuxio onde se agachan os peixes.
Sobordar: Sacar unha embarcación da auga e deixala en seco para reparala ou pintala.
Sobrequilla: Peza ou conxunto de pezas de madeira ou ferro que van desde a popa á proa dun barco, reforzando as cadernas e maila quilla.
Socheo: Enchente nun lugar pequeno. Resaca.
Soédrego: Neboento. Tempo nubro con humidade.
Sonada: Fracaso no intento de pescar. Chegar tarde a aquel lugar onde se escoitou que se estaba pescando.
Sorear: Esconderse, taparse o peixe debaixo da area.
Submarino: Que está ou vive debaixo da auga.
Sucar (o mar): Facer ondas grandes o mar. Fende-las olas do mar, navegar.
Saraiba: Auga de mar que cae sobre un terreo.
Serra: Escama lonxitudinal do lombo do xurelo e outros peixes.
Singadoira: Cavidade na que se coloca o remo para remar.
Sisada: Tres ondas grandes seguidas, movemento do mar tamén coñecido como “tres mares”.
Sorroar: Balancearse (un barco) de xeito moi pronunciado por efecto das ondas.
-
-