Glosario
Redello: Rede pequena, pedazo de rede.
Raeira: Tipo de rede que se fixa no fondo do mar, utilizada para pescar unha determinada variedade de peixes, coma a raia, o rodabalo, etc.
Raño: Gancho de ferro cun mando de madeira, utilizado para pescar polbos, centolas etc.
Raedoiro: 1.Especie de bolsa onde se concentra o peixe no aparello da tarrafa (cerco). 2. Remate da rede do aparello da traíña.
Raeira: Tipo de rede que se fixa no fondo do mar, utilizada para pescar unha determinada variedade de peixes, coma a raia, o rodaballo, etc.
Radiolario: Protozoo mariño rizópodo, con esqueleto interno, que forma ás veces figuras dispostas radialmente.
Rape: Parte superior da rede
Rapeta: Arte de pesca cunha rede que se larga no mar e hálase para a praia tirando dos dous extremos. Arte de pesca de arrastre.
Rapetar: Acción de pescar coa rapeta.
Rasel: Rastro de escuma que deixa unha embarcación sobre as augas ó navegar.
Rastro: Arte de pesca formada por unha peza triangular ou semicilíndrica, que leva unida un saco co que se rastrexa o fondo do mar.
Redefol: Arte de pesca para a troita e o salmón. Rede con forma de bolsa.
Redello: Rede pequena, anaco de rede.
Recalar: 1.Chegar. 2. Navegar sen visibilidade.
Recodo: Liña de pescar ó bonito e que se bota pola popa.
Recortado: Bonito de entre cinco e dez quilos.
Redeiro: Persoa que se ocupa de armar e reparar as redes en terra.
Refacho: Golpe forte de vento.
Rei: (Labrus bimaculatus) tamén chamado Gaián; peixe de corpo alongado e elegante, con escamas grandes, con boca grande e beizos grosos. Pescado co trasmallo e anzol é moi abundante en Galicia.
Relento: Calma total.
Reló: (Dosinia exoleta) Bivalvo relativamente frecuente en Galicia, con contorno case circular, cuncha clara cunhas bandas en zigzag moi vistosas.
Remuíño: Movemento circular do vento.
Renxer: Rinchar, facer ruído a estrutura da embarcación.
Resaca: 1. Movemento de retroceso das ondas despois de bater na praia. 2. Sinal que dá o mar antes de meterse, antes de empeorar.
Resalseiro: Zona do mar na que as ondas rompen con forza contra algunha baixa producindo moita escuma.
Revoltiña: Tempo inseguro, revolto.
Rexurxir: Volver a xurdir, aparecer de novo.
Rexurxir: Volver a xurdir, aparecer de novo.
Ribeira: Zona costeira. Beira do mar.
Riceiro: Conxunto de pezas da mesma arte para pescar.
Risón/rizón: Especie de áncora pequena con catro dentes para fondear unha embarcación.
Rolar: Xirar, cambiar.
Rollón/Rellón: Corrente forte das augas.
Rodo: Untensilio de madeira utilizado para remexer a sardiña na pía do salgadoiro, ou nas terrafas para remexer as capturas.
Ronsel: Rastro de escuma que deixa unha embarcación sobre as augas ó navegar.
Ruba: Vermella. Cor que ten ás veces o ceo pola alba ou cando anoitece
Rula: Lugar onde se subasta e vende o peixe. Lonxa.
Rular: Acción de subastar e vender o peixe na rula.
Runxir: Facer ruído o mar contra as penas ou na praia. Bruar.
Reveleste: Vento do leste que sopra da terra ó mar nos momentos crepusculares pola diferenza de temperatura.
Rebasa: No cerco pescar á vista cando arden as augas.
-
-