Glosario
Odontoceto: De odonto - “dente” e cetus - “gran animal mariño”. Suborde de cetáceos que posúen dentes e un só espiráculo.
Ollo: Órgano do sentido da vista.
Omoplata: Cada un dos dous ósos case planos e en forma de triángulo situados a ámbolos lados das costas, na parte posterior das aletas.
Órgano: Parte delimitada dun ser vivo, que cumpre unha función particular.
Orella: Parte externa do órgano do oído dos mamíferos, situada a ámbolos lados da cabeza.
Otario: Familia de mamíferos pinnípedos. Se diferencian dos fócidos (focas) por ter orellas visibles.
-
-