Glosario
Hábitat: Lugar onde unha especie atopa as condicións adecuadas para a sua distribución e o seu desenvolvemento vital.
Helminto: Grupo de animais de corpo brando e longo, a maioría son parasitos de vertebrados, que en especial afectan ao tubo dixestivo. Nos cetáceos o máis coñecido é o xénero Anisakis, do que son hospedadores definitivos.
Hematíe: (ou glóbulo vermello). Célula do sangue que transporta o oxíseno dende os pulmóns aos tecidos do corpo.
Hematoma: Derrame sanguíneo nun tecido ou órgano.
Hemisferio: Cada unha das dúas metades do cerebro.
Hemorraxia: Perda de sangue de forma interna ou externa.
Herdanza xenética: Información xenética que se transmite dunha xeración á seguinte.
Heterótrofo: Organismo que se alimenta a partir de materia orgánica sintetizada previamente por outros organismos.
Híbrido: Individuo obtido como resultado do cruce de proxenitores de distintas especies filoxenéticamente próximas.
Hidrosfera: Parte do planeta Terra formada por auga, tanto océanos como augas continentais e subterráneas, líquidas ou sólidas.
Hipertermia: Incremento da temperatura interna do corpo por riba dos niveis normais.
Hipotermia: Descenso da temperatura interna do corpo.
Holártica: Distribución dunha especie en latitudes medias e altas do hemisferio norte.
Homeotermo: Organismo cuxa temperatura corporal mantense constante e independente das condicións ambientais grazas á regulación interna que pode facer. Son os coñecidos como animais “de sangue quente”.
Homodonto: Ten todos os dentes iguais, sen pezas diferenciadas.
Homólogos: Órganos que teñen unha mesma orixe evolutiva, independentemente de cómo de diferentes poidan ser no presente ou nas distintas especies.
Hospedador: En casos de parasitismo, dise da especie que é parasitada por outra.
-
-