Glosario
Gádido: Peixe mariño pertencente á familia Gadidae, na que están incluídas como especies máis coñecidas o bacallau, o abadexo ou a faneca.
Gameto: Célula sexual madura preparada para a fertilización. Serían os óvulo e espermatozoides.
Gamodemo: Poboación illada xeneticamente doutros membros da especie.
Ganglio: Acumulacións celulares que poden estar no sistema linfático (ganglios linfáticos, que son parte importante do sistema inmunitario) ou no sistema nervioso.
Gangrena: Necrose dos tecidos debido á interrupción de rego sanguíneo na zona.
Gastrite: Irritación do estómago.
Gervais, Paul: Paleontólogo francés, profesor de anatomía comparada, que escribiu libros de osteoloxía de especies de cetáceos vivas e fósiles e describiu unha especie de cifio.
Glándula: Órgano que ten como función sintetizas sustancias que poden ser liberadas no sangue ou ben no exterior.
Golfiño: Nome xenérico común co que referirse aos pequenos odontocetos da familia Delphinidae
Gónada: Órgano no que se forman os gametos. Serían os ovarios e testículos.
Gray, John Edward: Zoólogo inglés que describiu algunhas das especies de cetáceos existentes na actualidade.
Gregaria: Especie na que os individuos viven en grupo sociais.
-
-