Glosario
Falanxe: Porción ósea dos dedos comprendida entre as articulacións.
Fame: Desexo e necesidade de comer.
Famento: Que manifesta moita fame.
Familia: Nunha liñaxe, conxunto de descendentes, ascendentes e individuos afíns. Na clasificación biolóxica, unidade taxonómica situada entre a subfamilia e a orden. Agrupación de xéneros ou especies naturais con características comúns.
Farinxe: Conduto do aparato dixestivo situado a continuación da boca, á que comunica coa cavidade nasal, cos pulmóns e co esófago.
Farto: Cheo, saciado.
Febre: Aumento da temperatura normal do corpo.
Feces: Excrementos.
Fecundación: Unión dos gametos masculino e feminino para formar un cigoto.
Fel: Secreción viscosa producida polo fígado.
Femia: Animal de sexo feminino.
Fémur: Óso máis proximal da extremidade posterior dos vertebrados.
Fenotipo: Conxunto de características que un organismo exhibe ou manifesta como resultado da interacción entre a súa herdanza xenética e uns parámetros ambientais determinados.
Fértil: Que pode fecundar ou ser fecundado.
Feto: Embrión dos mamíferos dende que as súas características e órganos son definitorios ata o momento de nacer.
Fibra: Elemento filamentoso que constitúe os tecidos.
Fígado: Órgano abdominal que desempeña funcións fisiolóxicas moi importantes, entre as que sobresae a secreción de bile.
Fillo: Animal con relación ós seus pais.
Fisioloxía: Parte da bioloxía que estuda as funcións vitais dos seres vivos, os mecanismos que os regulan e os rexen e o funcionamento dos seus órganos vitais.
Fisiopatoloxía: Rama da patoloxía que estuda as alteracións funcionais dos órganos.
Fístula: Abertura ulcerosa producida na pel ou nas mucosas.
Foca: Mamífero carnívoro pinnípedo
Fenoloxía: Ciencia que estuda a relación entre os factores climáticos e os ciclos dos seres vivos.
Fósil: Restos do corpo, das pegadas ou da actividade dun animal ou vexetal que se conservaron durante miles ou millóns de anos debida a un proceso de petrificación ou mineralización.
Fronte: Parte superior da cara situada por riba dos ollos.
-
-