Glosario
Eccema: Afección inflamatoria da pel.
Ecolocación: Mecanismo acústico que permite orientarse no medio e localizar ás presas mediante a emisión e recepción de ultrasóns.
Ecoloxía: Ciencia que estuda as relacións dos distintos organismos entre sí e co medio ambiente no que viven.
Ecosistema: Sistema natural constituído por un conxunto de seres vivos relacionados entre sí que se desenrolan nun medio cunhas condicións fisicoquímicas e ambientais determinadas.
Ecotipo: Poboación local dunha determinada especie que amosa diferenzas xenéticas que transmiten á descendencia como resultado da adaptación ó seu hábitat.
Ectoparasito: Parasito que se desenrola no exterior do hospedador.
Edema: Inchazón branda dunha parte do corpo por acumulación excesiva de líquido.
Emancipación: Momento no que as crías deixan de depender dos coidados parentais necesarios para sobrevivir e comezan unha nova etapa na súa vida, máis independente.
Embarazo: Período comprendido dende a fecundación ata o parto.
Embigo: Sinal que queda no ventre ó cortarse e secarse o cordón.
Embolia: Obstrución dun vaso sanguíneo.
Embrión: Fase do desenrolo dun ser vivo dende o período posterior á fecundación ata a fase de feto (cando xa se recoñecen os seus órganos vitais)
Embrioxénese: Formación e desenrolo do embrión.
Emigrar: Cambiar temporalmente de hábitat.
Emitir: Lanzar sinais de distinto tipo.
Emparellar: Formar parella.
Encéfalo: Porción anterior ou superior engrosada do sistema nervioso contida na cavidade cranial.
Endócrino: Pertencente ou relativo ás glándulas de secreción interna.
Enfermidade: Alteración máis ou menos grave da saúde dun organismo.
Engurra: Pregue da pel
Ensinar: Transmitir coñecementos.
Entumecer: Dificultar o movemento dun membro.
Envellecer: Facerse vello.
Enxiva: Tecido que cobre a raíz dos dentes e maxilares.
Ensulla: Graxa dos animais.
Enzima: Nome de certos catalizadores producidos polas células e que están presentes nas reacción químicas do organismo.
Epidemia: Propagación dunha enfermidade, especialmente infecciosa, a escala local, rexional ou mundial e que afecta a unha grande cantidade de indivíduos cunha frecuencia superior á habitual.
Epiderme: Epitelio de revestimento das paredes do corpo.
Epífise: Porción terminal dun óso largo separada por un cartílago do resto do óso (diáfise).
Epiglote: Lámina fibrocartilaxinosa que abre e cerra a glote.
Epitelio: Tecido orgánico que recobre as superficies internas e externas do corpo.
Epizootia: Epidemia que afecta a poboacións animais.
Erguer: Levantar, poñer dereita ou tesa unha cousa, estrutura ou rexión corporal. Elevar, alzar.
Eritema: Rubias na pel producidas pola conxestión dos capilares.
Eritrocito: Célula sanguínea que transporta osíxeno de o aparato respiratorio ao resto do corpo.
Erosión: Desgaste que se produce no exterior dun corpo polo roce con outra superficie.
Erupción: Aparición de lesión cutáneas.
Escafoide: Óso da primeira fila do carpo.
Escápula: Óso grande, triangular e plano que conecta co úmero e no que se inserta parte da musculatura das extremidades anteriores.
Esclerose: Endurecemento patolóxico dos tecidos do corpo.
Escoitar: Percibir os sons. Oír ben.
Escoltar: Gardar, protexer, vixiar.
Escorar: Inclinarse lateralmente.
Escuálido: Que non presenta unha boa condición corporal. Fraco.
Esfínter: Músculo ou conxunto de músculos que serven para pechar un orificio natural ou conduto.
Esgotamento: Debilitamento, cansazo.
Esmalte: Sustancia dura e resistente que recubre a superficie externa das pezas dentais.
Esófago: Conduto muscular membranoso do tubo dixestivo que comunica a farinxe e o estómago.
Espantar: Escorrentar, facer fuxir.
Especie: Categoría taxonómica inferior ó xénero, que representa o nivel básico da sistemática de ordenación xerárquica en rangos dos seres vivos.
Esperma: Secreción das glándulas xenitais masculinas coa que se produce a fecundación e que contén ós espermatozoides.
Espermatozoide: Gameto masculino
Espiñazo: Columna vertebral.
Espiráculo: Abertura (unha nos odontocetos e dúas nos misticetos) situado na rexión dorsal da cabeza nos cetáceos e que comunica as vías respiratorias co medio exterior.
Esqueleto: Armazón de pezas óseas que forma a estrutura interna dun vertebrado.
Esternón: Óso pectoral, alongado e plano, no que se insertan as costelas esternais e a musculatura pectoral.
Estómago: Dilatación do tubo dixestivo en forma de bolsa situado ente o esófago e o intestino. Ten paredes musculosas e nel se inicia a dixestión dos alimentos mediante a secreción de xugos gástricos e contraccións musculares.
Estróxeno: Hormona que provoca o celo nos animais.
Etoloxía: Ciencia que estuda os comportamento dos animais.
Excreción: Acción pola cal o excremento dun organismo é expulsado do mesmo cara o exterior.
Excremento: Residuos do alimento que elimina un organismo despois da dixestión a través do orificio anal.
Extinción: Proceso de desaparición completa dunha especie por causas naturais ou por intervención humana.
Extremidade: Cabeza, pata, aleta, ala ou rabo dun animal.
-
-