Glosario
Defecación: Expulsión dos excrementos.
Dente: Cada unha das pezas da boca implantadas nas enxivas, que forman parte das mandíbulas, maxilas ou premaxilas da maioría dos vertebrados e que serven para morder.
Dentina: Sustancia segregada polos odontoblastos que durante o proceso de diferenciación se calcifica e acaba rodeando á pulpa dental. Capa de marfil dos dentes.
Depredación: Forma de obter alimento mediante a caza de outras especies animais.
Derme: Capa de tecido dérmico formada polos compoñentes propios dun tecido conxuntivo e con células especializadas.
Desdentado: Que non posúe dentes.
Despigmentación: Destrución e perda da cor dunha célula, tecido ou órgano por unha acción natural ou experimental.
Desprazamento: Ir de un lugar a outro.
Destete: Momento no que a cría deixa de mamar leite da súa nai.
Destete: Momento no que a cría deixa de mamar leite da súa nai.
Detectar: Atopar, achar, encontrar.
Diáfise: Porción central dos ósos longos en forma de tubo situada entre as dúas epífises.
Diafragma: Tecido muscular en forma de lámina que separa a cavidade pulmonar da abdominal.
Diastema: Espazo das maxilas situado ente os incisivos e os premolares que se atopa desprovisto de pezas dentais.
Diástole: Movemento rítmico de dilatación das cavidades do corazón, especialmente dos ventrículos, durante a que se produce a entrada do sangue.
Dieta: Réxime de alimentación.
Distrofia: Desenvolvemento anormal dun órgano ou rexión do corpo.
Dixestión: Conxunto de procesos físicos e químicos que teñen lugar no aparato dixestivo e que transforman os alimentos en sustancias asimilables polo organismo.
Durmir: Descansar sen facer nin sentir nada.
-
-