Glosario
Baleato : Cetáceo xuvenil aínda en fase de aleite.
Banco : Cardume de peixes da mesma especie
Barba : Estrutura cornea e elástica laminar que pendura das mandíbulas superiores dos misticetos, empregada na súa alimentación como órgano filtrador.
Barra : Formación de orixe sedimentaria principalmente de area que se asenta no mar, chegando a emerxer se o fenómeno e de intensidade suficiente e prolongado no tempo, chegando a consolidarse como autenticas illas ou cabos.
Batea : Estrutura reticular de madeira empregada para o engorde de bivalvos como mexillón, ostra ou vieira. De uso moi estendido nas costas galegas.
Bioacústica : Ciencia que estuda o son nos animais, comprendendo análises de emisión, propagación a través de distintos medios, recepción, interpretación ou outros usos aplicables.
Biodiversidade : Conxunto das variedades de formas de vida que existen no planeta ou nun determinado entorno. E a base da evolución.
Biomasa : Materia total dos seres vivos que viven nun determinado lugar. Expresase en peso por unidade de superficie ou volume.
-
-