Glosario
Adulto: Aplicado aos seres vivos, fase vital madura, onde o organismo se atopa completamente desenrolado e con capacidade de procrear.
Afloramento : Movemento vertical ascendente de masas de auga frías e ricas en nutrientes, provocadas pola acción dos ventos en superficie.
Albúmina : Proteína presente nos ovos e que serve de reserva durante a maduración de organismos ovíparos nas súas primeiras fases de desenrolo.
Aleta : Cada un dos apéndices externos planos empregados polos vertebrados acuáticos para o impulso e dirección no seu movemento.
Aneis de crecemento : Cada unha das capas concéntricas polas cales crecen os dentes nos cetáceos. De estrutura similar aos aneis de crecemento das árbores.
Antártico (océano) : Masa de auga que circunda o continente da Antártida e que esta limitado ao norte polo paralelo 60. Ten unha extensión de 20.327.000 km² e unha temperatura entre +10 e -2 ºC
Arribazón: En xeral, chegada de organismos mariños as costas, voluntariamente ou arrastrados polas mareas e correntes. Aplicada as tartarugas mariñas, chegada destes quelonios as praias co fin de realizar os desoves e regresar novamente ao mar.
Ártico (océano) : Masa de auga que circunda o Polo Norte limitado pola parte norte dos continente de Asia , América e Europa e polos océanos Atlántico e Pacifico. Ten unha extensión de 14.100.000 km2 e unha temperatura entre 0 e -50 ºC
Atlántico (océano) : Masa de auga limitada ao este polo continente americano e polo oeste por Europa e África. Ten unha extensión de 106 km2 e unha temperatura entre 29 e 2 ºC.
Auga : Sustancia de composición molecular formada por dous átomos de hidroxeno e un de osixeno. Esencial para os procesos da vida, cubre o 70% do planeta, principalmente formando océanos, onde se atopa o 96% desta substancia.
Aventador : Orificios exteriores dos canais nasais nos cetáceos, situados xeralmente na parte superior da cabeza. Os odontocetos teñen un orificio e os misticetos dous contiguos.
Argazo: Xénero de algas feofíceas que aboian nos mares cálidos. No Atlántico cobren unha gran superficie que se chama Mar dos Argazos.
-
-