- Sin categorías

Glosario
- A
- |
- B
- |
- C
- |
- D
- |
- E
- |
- F
- |
- G
- |
- H
- |
- I
- |
- J
- |
- K
- |
- L
- |
- LL
- |
- M
- |
- N
- |
- O
- |
- P
- |
- Q
- |
- R
- |
- S
- |
- T
- |
- U
- |
- V
- |
- W
- |
- X
- |
- Y
- |
- Z
Calosidade : Zona de crecemento corneo comúns nas baleas francas e que frecuentemente se atopan recubertas de crustáceos parasitos denominados ciámidos. Estas zonas ásperas xogan un papel importante na identificación de individuos.
Cámara de cría : Lugar reservado para o proceso de maduración de organismos, especialmente protexido e cunhas características estables propicias para o desenrolo dos mesmos durante as súas fases mais temperáns.
Cantil : Desnivel moi pronunciado (tendente a verticalidade) dunha parede rochosa no litoral. Orixinado pola acción erosiva continua das ondas e os ventos costeiros.
Caparazón : Nas tartarugas é a parte dorsal da cuncha formada por entre 8 e 10 placas soldadas, dependendo da especie.
Captura accidental : En tarefas pesqueiras, feito de apresar no aparello unha especie diferente a especie obxectivo.
Cardume : Agrupación de peixes de tipoloxía similar, pero non necesariamente da mesma especie.
Catividade : Situación de privación de liberdade
Chelonia : Orde taxonómico que inclúe 244 especies de tartarugas, a maioría delas acuáticas. Divídese en dous subordes: Pleurodira e Cryptodira, atendendo ao xeito de retracción da cabeza na cuncha.
Conservación : Criterios e procesos encamiñados a protexer e preservar o medio natural de cara ao futuro, comprendendo neste termo especies, ecosistemas e todas aquelas formas de materia e fluxos enerxéticos vinculadas aos mesmos.
Contaminación : Substancia ou aporte de enerxía que provoca un desequilibrio temporal ou permanente nun ecosistema ou ser vivo.
Converxencia antártica : Límite natural entre os océanos Antártico, de augas frías e alta concentración salina, e os océanos Indico, Pacifico e Atlántico, de temperaturas mais suaves e menor salinidade. Atopase entre os 50 e 60 ºS.
Correntes mariñas : Proceso de movemento ininterrompido e permanente de grandes masas de auga en mares e océanos, orixinados na súa maior medida pola rotación terrestre e os ventos planetarios.
Crista dorsal : Engrosamento de certas especies de cetáceos carentes de aleta dorsal.
Costas: Parte posterior do corpo. Lombo.

